Obradoiro de Mazapán

Día 14/12/2025 — 16:30 h

Local de Lar de Unta

O vindeiro 14 de decembro, a partir das 16:30 horas,  celebraremos no noso local un obradoiro para a realización de MAZAPÁN.

O nivel é de iniciación, polo que non hai que ter coñecementos previos, e sí moita vontade de participar.  Sairemos do mesmo co un doce exquisito para degustar nas nosas casas e poder facer algo diferente e caseiro para a sobremesa deste Nadal.

O custo é de 3 euros para socios e de 5 euros para non socios. Aforo máximo de 20 persoas.

Apuntamentos ata as 23:59 h do mércores día 10 de decembro enviando un mail a lardeunta@gmail.com.

 

 

 

Esta web utiliza cookies. Podes ver aquí a Política de cookies. Se segues navegando aceptalas.    Ver
Privacidad