Día 16/12/2025 — 19:30 h
Local de Lar de Unta
Neste mes o cineclube Lar de Unta proxecta o filme “Adeus Berta” en presenza dun representante da produtora Kraken Media.
Este filme do ferrolán Fernando Tato, cóntanos a historia de Alicia cando chega a casa de seus pais á A Pobra do Caramiñal para elexir a roupa que levará a súa nai no velorio. Alí reencóntrase coa súa irmá Berta, que acaba de saír do centro de rehabilitación onde está ingresada.
Unha mostra do novo cinema galego que Lar de Unta ten o gosto de presentar na nosa vila.
Como sempre, tras a proxección haberá un coloquio entre os presentes.
