Curso de Conversa en Galego

Comezo: Luns 12/01/2026

Hora: 20:00 horas 

A Asociación Lar de Unta, no seu ánimo de promoción do galego ten a ben organizar un grupo de conversas en galego entre xente interesada.

Se chegache hai pouco ao pais e queres aprender o noso idioma, se es galego e non te atreves a dar o paso de falar galego por non sentirte seguro ou ter medo a iniciarte, se sabes falalo pero queres practicalo mais a miúdo podes apuntarte a este grupo de conversas nas que falaremos de diversos temas cada semana nun ambienta agradable e tranquilo.

Non é un curso, é unha aprendizaxe amena e práctica que facilita obter confianza dunha maneira divertida, coñecendo de paso aspectos curiosos e importantes da nosa cultura.

Para apuntarse enviar mail a lardeunta@gmail.com

 

Esta web utiliza cookies. Podes ver aquí a Política de cookies. Se segues navegando aceptalas.    Ver
Privacidad