Cineclube: estrea A CASA DA LUZ

VENRES 23/01/2026 — 20:00 h

CINE ALFONSETTI

Estreamos nesta ocasión o  filme de Carlos Amil, “A Casa da Luz” no Teatro Alfonsetti de Betanzos en colaboración co Concello de Betanzos.

Este filme foi rodado en Betanzos e finalizouse no ano 2010. E unha adaptación da novela homónima de Xabier Docampo e Obtivo o premio do público infantil na 5ª edición do Festival Internacional de Cinema para nenos de Galicja, celebrado no 2012

A continuación da proxección teremos un coloquio contando coa presenza do director, Carlos Amil, e do produtor da película, Xoan Xosé Cabanas Cao.

A CASA DA LUZ

A casa da luz recolle a aventura dunha panda de rapaces e rapazas que entran en contacto co mundo da arte e da memoria da guerra dun tempo pasado. Unha aventura que vai acabar por modificar a súa forma de estar no mundo e que constitúe unha reivindicación, tamén, da beleza e da arte. Os cadros que atravesan os protagonistas, obra de grandes pintores como Dalí, Escher ou Palo Ucello, son recreados no libro polo ilustrador Xosé Cobas, empurrando ao lector novo de forma irresistible cara ao mundo da arte.

 

Esta web utiliza cookies. Podes ver aquí a Política de cookies. Se segues navegando aceptalas.    Ver
Privacidad