DÍA 12/02/2026 — 20:00 h
LOCAL DE LAR DE UNTA
No cineclube no mes de febreiro proxectaremos o documentario Fíos Fora. Neste documental de Illa Bufarda trátanse os fíos que moven o sector textil dende unha óptica afastada do triunfalismo e dando o punto de vista dos traballadores. Como sempre, a continuación faremos o habitual debate.
Unha produción de Illa Bufarda, proxecto cooperativo adicado ao audiovisual que amosa a súa grande creatividade neste documental.
Por moi finos que sexan, detrás de tódolos fíos que nos rodean hai historias. As mulleres galegas que traballaron no sector téxtil dende os 60 foron a man de obra perfecta e cautiva para erguer unha industria xigante que agora se atopa deslocalizada. Este documental fai un novelo do sector téxtil aquí e fóra, antes e agora. A historia repítese nos fíos doutros lugares, nos nós deste sistema.
Un éxito que agora re-visitamos sen que perda actualidade.
