📅 Venres 6 de marzo
🕐 13:00 horas
📍 Local de Lar de Unta – Rúa Pescadería, 3 (Betanzos)
Nesta nova edición das Conversas no Lar contaremos coa presenza de Imma Segarra, directora da Fundación Hospitalarias no Centro Pai Menni de Betanzos.
Será unha oportunidade moi especial para coñecer de primeira man o labor que desenvolve esta institución e para escoitar testemuños que nos axudan a comprender mellor a realidade da atención sociosanitaria e a importancia do coidado das persoas.
📡 A actividade poderá seguirse:
– Ao vivo no local do Lar de Unta
– En directo a través do Facebook do Lar
– Posteriormente nas nosas redes sociais e canle de YouTube
