Día 18/05/2026 — 20:00
Local de Lar de Unta
Con motivo das Letras Galegas e celebrando o éxito do Grupo de Conversas en Galego creado pola Asociación e integrado no programa Falarmos Nós da Deputación da Coruña, para reunir a todos aqueles que buscan un sitio amable onde conversar en galego, axudando a xente que na súa vida diaria non atopan eses espazos.
Nesta ocasión proxectaremos o filme Entre Línguas, documental dirixido por Joao Aveledo, Eduardo Maragoto e Vanessa Vila Verde, onde nos falan dos catro territorios situados ao longo da fronteira de España con Portugal, dende a provincia de Zamora ata Badaxoz, nos que por diversas vicisitudes hitóricas, conservan a língua galega, coa súa variante local. Os seus veciños contan como viven esa peculiaridade.
A continuación teremos un coloquio entre os presentes e cos membros do Grupo de Conversas sobre a realidade da língua nos diversos ámbitos sociais.
