Gala Homenaxe a Rosalía de Castro

Edificio Liceo – Aula de Cultura Xulio Cuns – Día 28-02-2020 ás 19:00 horas

Como todos os anos a nosa Asociación colabora no acto organizado pola Asociación Eira Vella e o Concello de Betanzos  de homenaxe a Roslía de Castro.

O evento se realizará na Aula de Cultura Xulio Cuns e empezará ás 19.00 horas do venres 28 de febreiro.

 

Tres socios formarán parte da escaleta de lectura por parte da nosa Asociación, e podedes atopar mais información na páxina do Concello.

Esperamos que vos animedes a asistir a este evento.


O Concello de Betanzos e a Asociación Cultural Eira Vella organizan a Gala
de Rosalía de Castro para este venres 28 de febreiro

Este venres, 28 de febreiro, ás 19:00 h na Aula Municipal de Cultura terá lugar a xa tradicional homenaxe a Rosalía de Castro que a Asociación Cultura Eira Vella e o Concello de Betanzos organizar nestas datas para conmemorar o Día de Rosalía de Castro, o 24 de febreiro de 2020. Nesta particular lembranza á escritora galega máis universal participará o alumnado do CPR Nosa Señora do Carme “Atocha”, do CEIP Francisco Vales Villamarín e do IES As Mariñas, así como a Asociación Lar de Unta, o Coro de Coirós, o Grupo Azougue da Escola Municipal de Folclore e, por suposto, a Asociación Cultura Eira Vella. Esta homenaxe será conducida por Mariña Erias e Javier Castro, ambos os dous alumnos do IES As Mariñas, que lles darán paso aos nenos e nenas de educación infantil e primaria do CEIP Francisco Vales Villamarín e do CPR Nosa Señora do Carme “Atocha”, e mais aos alumnos e alumnas da ESO deste último centro que lembrará á escritora coa retrospectiva “Rosalía en nós”.
Tamén haberá tempor para a música por conta do alumnado de secundaria do IES As Mariñas e do Coro de Coirós, e para o baile co Grupo Azougue.
Representantes da Asociación Lar de unta lerán o manifesto da Asociación de Escritores e Escritoras en Lingua Galegas “Ambos errantes polo mundo andamos”, de Daniel Asorey, así como creacións propias arredor da figura rosaliana. A Asociación Eira Vella, como coorganizadora do acto terá tamén cun espazo para as lembranzas, da man de Manuel Dans, o seu presidente,Mariña Longueira e Pepe Dopico.
Esta Gala de homenaxe a Rosalía de Castro, que reúne música, baile e lembranzas é un espazo de encontro arredor da figura rosaliana que demostra que está máis viva ca nunca grazas a todas e todos os participantes que se achegan á Aula de Cultura para pór de manifesto a importancia da súa obra e a pegada do seu legado nesta data de celebración arredor do Día de Rosalía de Castro, o 24 de febreiro.

Esta web utiliza cookies. Podes ver aquí a Política de cookies. Se segues navegando aceptalas.    Ver
Privacidad