SUSPENDIDO Folk e Viño do Pais. 14 Marzo 2020. Musicos da Asmube e Adega Beade

DIA 14-03-2020 , ás 21:00 horas no LAR DE UNTA

   Nesta ocasión o grupo da ASMUBE (Asociación de Músicos de Betanzos) faranse cargo da parte musical e o Viño da D.T.de Betanzos será o da Adega Beade. Nesta ocasión a garrafa de branco lexítimo custará 10 euros e a de Mencía 9 euros.

   A Asociación Lar de Unta, en colaboración con ASMUBE (Asociación de Músicos de Betanzos), o colectivo Pesquedellas, e diversos produtores de Viño do Pais con denominación de Viño da Terra de Betanzos,  organiza unha xornada mensual de FOLK e VIÑO DO PAIS no seu local sito en Rúa Pescadería 3 entre xaneiro e maio de 2020.

 Nesta actividade convertiremos o Lar de Unta na típica adega do pais na que teremos unha actuación folk e a continuación serviremos viño dunha das adegas con denominación de Viño da Terra. Como en calquera adega do viño do pais os asistentes poderán levar os manxares que desexen para acompañar a bebida, sendo que o custe do viño será a escote. A actividade estará aberta a socios ata completar un aforo de 50 persoas, 10 dos cales serán cedidos aos músicos que interveñan.

O primeiro evento foi o sábado 25 de xaneiro coa colaboración dos músicos da ASMUBE e o viño de Adegas Bescansa. A actividade está aberta a non socios en caso de que non se cubra o aforo.

       

Esta actividade ten unha subvención da Deputación da Coruña.

Esta web utiliza cookies. Podes ver aquí a Política de cookies. Se segues navegando aceptalas.    Ver
Privacidad