SUSPENDIDO Cineclube Lar de Unta: “Fios Fora” día 12-03-2020

ESPECIAL 8M

O Cine Clube LAR DE UNTA presenta “Fíos Fóra”, un documental coral sobre as obreiras e o sector do téxtil galego. A produtora Illa Bufarda foi a encargada de elaborar o documental.

CANDO:  12/03/2020, de 20:00 a 22:00
HORARIO: 20:00 h.

Por moi finos que sexan, detrás de todos os fíos que nos rodean hai historias. As mulleres galegas que traballaron no sector téxtil desde os 60 foron a man de obra perfecta e cativa para levantar unha industria xigante que agora se atopa deslocalizada. Este documental fai un nobelo do sector téxtil aquí e fóra, antes e agora. A historia repítese nos fíos doutros lugares, nos nós deste sistema.

Con esta sinopse, e como programación especial adicada ao 8M, o Cine Clube LAR DE UNTA presenta o documental “Fíos Fóra. Historias de obreiras, entre costuras e patróns”, que desde as conversacións de moitas persoas protagonistas narra o que foi o sector do téxtil galego desde o seu nacemento ata a súa deslocalización e o impacto deste modelo industrial.
Illa Bufarda foi a produtora creativa encargada de levar a cabo este traballo coral e diverso en voces e protagonistas, onde participaron ex traballadoras do téxtil en Galicia, personaxes vinculados ao sector empresarial e talleres e traballadoras do téxtil en Marrocos.
O documental culmina un proxecto de 3 anos dedicado á formación e sensibilización sobre a feminización da pobreza no sector téxtil, a denuncia sobre as condicións de explotación das traballadoras e as alternativas para un consumo responsable de roupa.
COLOQUIO:
Ao remate da proxección, teremos o habitual colóquio, nesta ocasión con Miriam Fernandez Otero. Miriam é historiadora, autora do libro AS MULLERES DE INSUA E O LIÑO, e forma parte da Asociación Mulleres de Insua, ademáis de ser unha das titulares da empresa Fusaiola de liño tradicional. Autora de numerosos traballos e artigos sobre o patei.onio da Terra Chá e promotora de proxectos e exposicións de artesanía da provincia de Lugo.
FÍOS FÓRA / ESPECIAL 8M DIA DA MULLER TRABALLADORA
DIA: XOVES 12 DE MARZO
LUGAR: LAR DE UNTA, RÚA PESCADERÍA 3 BETANZOS
HORA: 20:00
ENTRADA DE BALDE
COA COLABORACIÓN DA DEPUTACIÓN PROVINCIAL DA CORUÑA.

Esta web utiliza cookies. Podes ver aquí a Política de cookies. Se segues navegando aceptalas.    Ver
Privacidad