CLAUSURA DO LOCAL DA ASOCIACIÓN PARA TODO EVENTO OU ACTIVIDADE (13/03/2020)
Ante a situación creada pola pandemia de coronavirus que está a extenderse polo país, dende a dirección da Asociación Lar de Unta entendemos que procede actuar co máximo respecto polas nosas socias e socios e coa vida das persoas.
En espera das decisión que mañá adopte o goberno do estado; dado que entendemos que a nosa función social non é imprescindible para a vida das persoas membros da asociación e atendendo a que os males causados na propagación desta enfermidade poden ser moito peores que os beneficios para os nosos socios e para toda a cidadanía de Betanzos, procedemos a clausurar o local para a realización de calquera evento ou actividade ata nova orde.
Facemos un chamamento ao sentido común de todos os socios e socias, de xeito de que si en algún intre teñen que achegarse por algunha razón ao local, llo comunique á directiva para estar informados.
Betanzos, a 13 de marzo de 2020
A Dirección da Asociación
SUSPENSIÓN DE ACTIVIDADES DA ASOCIACIÓN LAR DE UNTA (12/03/2020)
SERGAS – Teléfono de atención 900400061
CON DATA DE HOXE, 12 DE MARZO DE 2020, E ATA NOVO AVISO A ASOCIACIÓN LAR DE UNTA TEN DECIDIDO A SUSPENSIÓN DE TODAS AS ACTIVIDADES A DESENVOLVER NO LOCAL SOCIAL DA ASOCIACIÓN.
ESTA DECISIÓN ESTÁ BASEADA NA DEFENSA DOS INTERESES DOS SOCIOS E EVITAR A PROPAGACIÓN DO COVID19, COLABORANDO COAS MEDIDAS DE PREVENCIÓN NA DIFUSIÓN DA CITADA ENFERMIDADE.
POR TODO O ANTERIOR A PROGRAMACIÓN DO CINECLUBE ASÍ COMO AS XORNADAS DE FOLK E VIÑO DO PAIS, CONFERENCIAS E ACTOS DE RESERVAS DO LOCAL QUEDAN APRAZADAS ATA NOVA ORDE.
A DIRECCIÓN DE LAR DE UNTA