LAR DE UNTA CELEBRA A REVOLUCIÓN DOS CRAVOS
Hoxe estaba prevista a proxeción na nosa sede local do documental de José Afonso ao vivo no Coliseu de Lisboa o 29 de xaneiro de 1983 como conmemoración da Revolución dos Caraveis de 1974 en Portugal.
Trátase do derradeiro concerto de Zeca Afonso e é un documento histórico fundamental da historia de toda a Península.
Ao posterior colóquio ía comparecer no noso local o histórico membro de Fuxan os Ventos e A Quenlla, Mero Iglesias.
Dado que debido á crise do coronavirus non podemos celebrar o evento temos a ben colgar o enlace ao video para que todos os interesados poidan velo e disfrutar deste documento histórico.