PROTOCOLO DESESCALADA
2020-05 Lar – protocolo desescalada
Dende a directiva da Asociación, e co ánimo de ordear o proceso de comezo de uso do local tras a implantación do estado de alarma, temos a ben mandar un pequeno protocolo de desescalada para que todos teñamos en conta unhas condicións mínima
s de utilización dos espazos de Lar de Unta.
Este protocolo será publicado asimesmo na páxina web, sección de documento, para a súa consulta por calquera socio en todo momento.
O noso local está incluído nas Salas Culturais de Usos Múltiples polo cal é de aplicación o disposto para a fase 2 de desescalada. As indicacións que se propoñen estarán ao dispor das normas que en cada momento sexan dictadas polo administración polo que pode haber cambios que se recollerán na oportunda modificación no protocolo e que se poderá consultar na páxina web.
Tal e como comentamos no seu día, temos aproveitado o periodo de cuarentena para o saneamento e reparación do tellado polo cal, ata que finalicen as obras e se proceda á súa limpeza non se podería utilizar o local principal. A finalización das mesmas poñerase en coñecemento dos socios no seu momento.
Recibide un cordial saúdo e calquera cuestión no dubidedes en poñervos en contacto con nós.
A DIRECTIVA DE LAR DE UNTA
