VOLVE O CINE AO LAR DE UNTA 24/09/2020 “Entrar aos Vilares”

Despois de varios meses de suspensión de actividades a causa da pandémia do COVID 19, o Cine Clube LAR DE UNTA retoma as proxeccións o próximo xoves 24 de setembro ás 20:00 co filme ENTRAR AOS VILARES de Cibrán Tenreiro. A película foi finalista en tres categorías da #12MICE Mostra Internacional de Cinema Etnográfico. O filme mostra a experiencia e sensacións de tres mozos que non naceron na aldea nin coñecen o lugar ao entrar na parroquia do poeta Díaz Castro, nos Vilares de Guitiriz cando lles encargan realizar un documental sobre a aldea do poeta.

Unha introspección no rural onde os paisanos se convirten nos protagonistas da narración da súa propia história, costumes, relacións, vivencias…

Entrar aos Vilares ten acadado un notábel éxito e se ten proxectado en máis de 70 lugares por toda Galicia.

Este filme será editado o próximo mes en DVD acompañando o libro ‘Lareira de soños’ de Pastora Veres, de Edicións Fervenza. Ao remate da proxección, como é habitual, terá lugar un coloquio con responsabeis da producción do filme.

O acto adaptarase a tódalas normas do COVID 19, limitación de aforo (20 persoas), uso obrigatorio de mascariña, distancias de seguridade e control de asistentes. A entrada é de balde.

Esta web utiliza cookies. Podes ver aquí a Política de cookies. Se segues navegando aceptalas.    Ver
Privacidad