Nova conferencia na Asociación Lar de Unta.
Sara Fraga Pérez ilustrará o proceso de recollida etnográfica e cultural a traverso da conferencia titulada “COLLEITANDO CULTURA”.
O evento celebrarse o sábado 28/11/2020, ás 19:00 horas no Local de Lar de Unta contando cun aforo máximo de 20 persoas e cos requisitos de mantenza de distancia social e uso de máscara. Como sempre poderase reservar ata o día anterior.
Sara Fraga Pérez
(pequena biografía sacada da páxina web da Asociación Casa dos Espellos)
Graduada en Historia pola Universidade de Santiago de Compostela e Mestra en Xestión do Patrimonio Artístico e Arquitectónico, Museos e Mercado da Arte da mesma Universidade.
É investigadora nos campos da historia social, da historia de xénero e das cuestións relacionadas ca indumentaria.
Ademáis de participar na Asociación de Amigos do Parque do Pasatempo, onde foi unha das encargadas de facer as visitas guiadas ao Parque durante o verán do 2017, tamén colabora na asociación estudantil Entre Clío y Euterpe: Arte y poder, que agrupa a novos investigadores nos campos da arte e o poder e ten traballado no xacemento arqueolóxico de Cova Eirós.
Ten participado en congresos con investigacións sobre indumentaria, coma o seu traballo que leva por título Detrás del corsé y la crinolina: la indumentaria de la mujer y el prestigio social en el matrimonio victoriano ou Leva a vida dun home, pero siga sendo unha muller. Moda, feminidade e feminismo.
Durante o 2018 realizou unha estancia na Galería de Arte, Arquitectura e Deseño PROgetto Città (Sicilia), onde asistíu ao comisario da exposición La verità di Luigi Ghersi e ao da Città e paesaggi alternativi. Aquí foi tamén a encargada de dar a conferencia Italia/Spagna in Galleria PROgetto Città, no curso de lingua española da Universidade da Terceira Idade de Barcellona Pozzo di Gotto.
No 2019 foi a encargada de realizar a exposición 25 anos vestindo á EMUF, actividade que compaxinou co seu traballo na biblioteca viguesa Juan Compañel.