O día 18 de decembro ás 19:00 horas, a Asociación LAR DE UNTA de Betanzos (Rúa Pescadería 3) acollerá a presentación do libro LAREIRA DE SOÑOS, de Pastora Veres, socia da nosa asociación.
Coa autora participarán o músico e documentalista betanceiro Dani López e o escritor e xornalista de Betanzos Xesús Fraga, gañador do prémio Blanco Amor de novela 2019 e tamén veciño de Betanzos.

O libro inclúe tamén o DVD co documental Entrar aos Vilares (finalista da #12MICE) realizado por Cibrán Tenreiro.
O resultado son máis de 250 páxinas nas que se da un repaso á história recente dunha parro
quia chairega, ás experiencias vitais da propia autora e ás historias das súas xentes, persoas anónimas que cobran protagonismo nesta obra. Máis de 170 fotos recollidas polas casas, acompañadas dunha narración en primeira persoa que non deixa indiferente a ninguén nunha linguaxe entre xornalística e poética con un xeito único e persoal de narrar.

Lareira de soños é o resultado dunha encomenda feita polo poeta Manuel María a Pas Veres na I Romaría Labrega da Chaira na inauguración dunha exposición de fotos antigas na que poeta chairego suxeríu a Pas Veres indagar na historia daquelas xentes e trasladalas a unha publicación.
O resultado é este libro-DVD editado por Edicións Fervenza co patrocinio do Concello de Guitiriz, da Deputación Provincial de Lugo, da Dirección Xeral de Política linguística da Xunta de Galicia e de GADIS.
A autora, traballadora social da Xunta de Galicia na Coruña, é natural de Os Vilares, en Guitiriz e reside en Betanzos.
Na presentación, aplicaranse o aforo, distancias e medidas sanitarias do COVID dictadas polas autoridades.