Presentación de Libro: JOSÉ RAMÓN TOGORES HERNANI: “Adegas do viño do país, Betanzos. Unha tradición por reinventar”

DIA 29/12/2020 — 19.00 HORAS.

José Ramón Togores Hernani, autor do libro “Adegas do viño do país, Betanzos. Unha tradición por reinventar” (2020) . Editorial A.C. Eira Vella, presentará o seu libro na nosa asociación.

Libro baseado no seu traballo de fin de mestrado, no cal entende que as Adegas do Viño do País son espazos familiares de consumo, propios da comarca de Betanzos, onde a poboación acude para degustar os viños locais procedentes do excendente de produción anual.

A continuidade desta tradición, símbolo do patrimonio vivo da comarca, atópase hoxe nunha situación de incertidume debido a que o número de persoas que a perpetúa tende a diminuir. O actual contexto socioeconómico e cultural parece demandar unha transformación da vitivinicultura local así como unha adaptación desta tradición á cultura moderna. A través dunha metodoloxía que combina diferentes técnicas cualitativas (revisión bibliográfica, recopilación de material de arquivo e documental, entrevista e observación participante) caracterizáronse as Adegas do Viño do País en funcionamento tratando de analizar a súa realidade dende o punto de vista dos seus protagonistas e reflexionando sobre as distintas formas en que esta tradición podería reinventarse para sobrevivir.

Esta web utiliza cookies. Podes ver aquí a Política de cookies. Se segues navegando aceptalas.    Ver
Privacidad