VENRES DÍA 16/04/2021 – ÁS 19:00 HORAS NO LOCAL DA ASOCIACIÓN LAR DE UNTA – Rúa Pescadería 3 – 15300 BETANZOS
O polifacético autor Xabier Gayoso, gañador do I concurso de relato curto de Samaín da Asociación Lar de Unta vai presentar o vindeiro venres no local da nosa Asociación o seu último libro “A lúa ouveada polo mundo”.
Este libro, escrito durante o confinamento, ven de converterse no número 1 de vendas en Amazón en galego.
Sinopse
Nunha pequena aldea galega atópase o anelo dun profesor: traballar nunha das mellores escolas experimentais do mundo.
Pronto descubrirá que o seu soño se converteu nun pesadelo.
A morte dunha nena obrígao a reconstruír o último curso nun relato no cal as vellas lendas e a Santa Compaña crúzanse cos acontecementos ocorridos en Tui durante a Guerra civil española.