“Cartografía Emocional de Betanzos, E non era ouro” con Ara Sol Romero e Antía Soto no Lar de Unta

DIA 13/11/2021 ÁS 20:00 h. 

PRESENTACIÓN – COLOQUIO CON ARA SOL ROMERO E ANTÍA SOTO

O vindeiro día 13 de novembro, sábado, ás 20.00 horas, a Asociación Lar de Unta ten a ben organizar a proxección do documental e posterior coloquio sobre a CARTOGRAFÍA EMOCIONAL  de Betanzos realizada por Ara Sol Romero e Antía Soto, e que estivo exposta no edificio do Matadeiro da nosa vila ao longo dos meses de setembro e outubro.

Co título de E NON ERA OURO, as autoras fan un recorrido pola cidade recollendo as opinión que teñen os betanceiros sobre a súa cidade.

A maiores proxectarase o documental de FACTORIA NINI relacionado con esta cartografía emocional.

Tras a proxección procederase a celebrar un coloquio coas autoras e aberta a todos os participantes.

Como sempre, gardaranse as medidas de precaución polo Covid 19 e a entrada será libre ata completar aforo.

Esta web utiliza cookies. Podes ver aquí a Política de cookies. Se segues navegando aceptalas.    Ver
Privacidad