No ano 2021, a Asociación Lar de Unta apoia poñer o foco na violencia de xénero de cara á celebración do 25N.
Sumámonos á campaña Betanzos en Negro, en colaboración co resto do tecido asociativo, comercio e hostalaría betanceira así como co CONCELLO DE BETANZOS, promotor do evento.
Convidamos aos nosos socios a asistir o día 25 á lectura do manifesto na Praza da Constitución por parte do Goberno Local para amosar o seu rexeitamento contra a violencia de xénero.