Cineclube Lar de Unta con Marcos Nine e “Virxe Roxa” o día 3 de marzo de 2022

Día 03/03/2022 – 20:00 h. – CINECLUBE LAR DE UNTA

Proxección do documental “A VIRXE ROXA” dirixido por Marcos Nine.

O director Marcos Nine, persoalmente, apresenta en Betanzos e na asociación Lar de Unta o seu premiado documental “A Virxe Roxa”.

 “A virxe roxa” ven de gañar o premio ó Mellor filme documental no Blackboard International Film Festival na India e foi finalista nos prémios Mestre Mateo para mellor documental e mellor montaxe.

“A virxe roxa”, documental dirixido por Marcos Nine, é unha produción de Recrea Filmes.

Sinopse: En 1933 Aurora Rodríguez mata a tiros á súa propia filla Hildegart, mentres esta durmía. A moza, con só dezaoito anos, era unha da feministas máis destacadas da Segunda República Española. Pero tamén era un produto perfectamente calculado e deseñado pola súa nai para que fose a liberadora da muller. Os plans de Aurora non saíron como estaba previsto.

Esta web utiliza cookies. Podes ver aquí a Política de cookies. Se segues navegando aceptalas.    Ver
Privacidad