Cineclube Lar de Unta. Documental “Ucraíña en chamas” de Oliver Stone

LOCAL DO LAR DE UNTA

XOVES31/03/2022  19:30 horas

A asociación Lar de Unta, de cara a profundizar na problemática e comprensión do que está a ocorrer en Ucraíña, ten a ben proxectar o documental do afamado director norteamericano Oliver Stone en versión orixinal subtitulada.

Como ponente para o posterior debate contaremos con Xoan Antón Pérez Lema, advogado e columnista en diversos medios de comunicación galegos.

Sobre o documental

Oliver Stone non é novo no cine político e documental. En “Ukraine on Fire”, este coñecido director de cine estadounidense conta o que cre que provocou a dramática crise ucraína. Non son só factores que teñen que ver co presente. A súa xestación e desenvolvemento están intimamente ligados, tamén ao pasado, a un pasado sanguento.

Entre as persoas que Oliver Stone entrevistou no seu documental están o expresidente de Ucraína, Viktor Yanukovich; Vladimir Putin, e tamén o exministro do Interior de Ucraína, Vitali Zajárchenko.

Desde 2004 converteuse nun sanguento campo de batalla entre a OTAN e Rusia. Ao longo do documental vanse aclarando pouco a pouco moitas das dúbidas que xorden sobre unha Ucraína, de cuxa historia tiñamos poucas noticias. Se queres saber en que consistiron realmente os motivos dos litixios neste punto candente da Europa actual, non deixes de ver con atención o documental que estamos encantados de ofrecerche.

Esta web utiliza cookies. Podes ver aquí a Política de cookies. Se segues navegando aceptalas.    Ver
Privacidad