Xosé Ramón Pena presenta o seu libro “En tempo de desconto en Betanzos”

Día 07/06/2022

hora: 18:30 h. Visita ao Lar de Unta. Local da Asociación.

hora: 19:30 h. Presentación Oficial en Betanzos do libro “En tempo de desconto”. Libraría Biblos.

O vindeiro martes día 07 de xuño de 2022, a Asociación Lar de Unta, ten a ben organizar  a visita do escritor betanceiro Xosé Ramón Pena quen presentará o seu novo libro “En tempo de desconto”.

O acto comezará cunha visita á nosa Asociación ás 18:30 horas, á cal estarán convidados todos as socias que queiran asistir. O escritor procederá á entrega e sinatura da súa nova obra adicada ao Lar de Unta, cunha breve presentación.

Posteriormente ás 19:30 horas, no local da libraría Biblos, procederase á presentación oficinal na nosa vila da obra “En tempo de desconto”, presentando o acto a nosa socia Chus Ansede, contando co propio autor así como coa directora comercial de editorial Galaxia, Tati Mancebo.

EN TEMPO DE DESCONTO

Este libro de relatos é un mollo de historias que poderían ser en si mesmas partes dunha novela que as transita e atravesa e onde os personaxes, atrapados na vida, atropelados por ela, gobernan como mellor poden o seu destino. Coma as vías dun tren que nos leva, pero que non se sabe cara a onde, os que viven nestas historias veranse guiados por horizontes sorprendentes e inesperados que lles farán aceptar derrotas, gañar batallas e, en definitiva, vivir. Xosé Ramón Pena fainos viaxar, ademais, por un pasado posible, non por ficcionado menos verdadeiro. Un libro perfecto nos seus tempos, no soño ao que nos convida e polo xogo que, palabra a palabra, maxia da linguaxe, nos propón e nos reta. Un libro magnífico.

 

 

Esta web utiliza cookies. Podes ver aquí a Política de cookies. Se segues navegando aceptalas.    Ver
Privacidad