A Asociación Lar de Unta prepara unha saída aos cogumelos para o día 19 de outubro.
Quedaremos no Bar Vazquez (Rúa Saavedra Meneses – Betanzos) ás 10:30 horas para dende alí achegarnos ao sitio de recollida compartindo os vehículos entre os participantes.
Posteriormente voltaremos ao local pola tarde e prepararemos a partires das 20.00 horas os cogumelos, dando posteriormente boa conta deles nunha cea aberta aos participantes no evento.