Cineclube Lar de Unta: “Zoqueiros, os oficios perdidos”

Día 17/11/2022 ás 20:00 h

ZOQUEIROS, OS OFICIOS PERDIDOS

Entrada de balde ata completar aforo

O vindeiro día 17 o cineclube Lar de Unta ten a ben proxectar o filme sobre os oficios perdidos elaborado polo Museo Etnográfico Monte Caxado.

Este documental etnográfico recolle a experiencia de tres zoqueiros do Norte de Galicia, que desempeñaron este oficio durante o século XX e que son testemuña viva da artesanía galega.

Manuel Fernández Corral (Xermade – Lugo), Leonardo Villamel López (A Pastoriza – Lugo) e José Corral Polo (As Pontes – A Coruña), son os tres protagonistas desta historia a través da que nos falan de traballo, sentimento e paixón por un oficio artesanal que aínda pervive a día de hoxe na súa memoria.

Elena Ferro

Tras a proxección do documental teremos como sempre un colóquio no que contaremos coa presenza de Elena Ferro. Premio Nacional de artesanía, forma parte da terceira xeración de zoqueiros que están actualizando esta arte popular e conectándoa cos modos actuais de vestir.

Esta web utiliza cookies. Podes ver aquí a Política de cookies. Se segues navegando aceptalas.    Ver
Privacidad