Xoves 15/12/2022 — As 20.00 horas
Local do Lar de Unta
Cineclube Lar de Unta proxectará o vindeiro día 15/12/2022 o documental “Cine Tomé” ás 20.00 horas.
Cine Tomé, unha raiolada en Guitiriz, é unha peza que nos seus 50 minutos de duración debulla o que significou o cine para o pobo a través das testemuñas de case unha decena de persoas, lembrando sucesos, anécdotas, películas… e aproveitando para botarlle tamén unha ollada á propia historia da sétima arte.
Posteriormente teremos un colóquio cos realizadoras Camelia Iglesias e Xosé Antonio Tomé.