Curso de Conversa en Galego

Comezo: Luns 12/01/2026

Hora: 20:00 horas 

A Asociación Lar de Unta, no seu ánimo de promoción do galego ten a ben organizar un grupo de conversas en galego entre xente interesada.

Se chegache hai pouco ao pais e queres aprender o noso idioma, se es galego e non te atreves a dar o paso de falar galego por non sentirte seguro ou ter medo a iniciarte, se sabes falalo pero queres practicalo mais a miúdo podes apuntarte a este grupo de conversas nas que falaremos de diversos temas cada semana nun ambienta agradable e tranquilo.

Non é un curso, é unha aprendizaxe amena e práctica que facilita obter confianza dunha maneira divertida, coñecendo de paso aspectos curiosos e importantes da nosa cultura.

Para apuntarse enviar mail a lardeunta@gmail.com

 

Cineclube: Adeus Berta

Día 16/12/2025 — 19:30 h

Local de Lar de Unta

Neste mes o cineclube Lar de Unta proxecta o filme “Adeus Berta” en presenza dun representante da produtora Kraken Media.

Este filme do ferrolán Fernando Tato, cóntanos a historia de Alicia cando chega a casa de seus pais á A Pobra do Caramiñal para elexir a roupa que levará a súa nai no velorio. Alí reencóntrase coa súa irmá Berta, que acaba de saír do centro de rehabilitación onde está ingresada.

Unha mostra do novo cinema galego que Lar de Unta ten o gosto de presentar na nosa vila.

Como sempre, tras a proxección haberá un coloquio entre os presentes.

Cea de Nadal 2025

Día 20/12/2025 — 21:30 h

Local de Lar de Unta

Como todos os anos imos celebrar o vindeiro día 20 de decembro a Cea de Nadal para os socios da Asociación.

O evento comezará ás 21:30 h e hai que vir preparado para cantar, bailar e convivir nunha agradable xornada.

A data límite para apuntarse será o domingo 14 ás 23:59 h e só será permitido o apuntamento de socios/as.

Menú

  • Picoteo
  • 1º prato: gambóns
  • 2º prato: carne asada
  • sobremesa: cacahuetes e panetone

Viño, auga e refrescos por conta da Asociación.

 

Obradoiro de Mazapán

Día 14/12/2025 — 16:30 h

Local de Lar de Unta

O vindeiro 14 de decembro, a partir das 16:30 horas,  celebraremos no noso local un obradoiro para a realización de MAZAPÁN.

O nivel é de iniciación, polo que non hai que ter coñecementos previos, e sí moita vontade de participar.  Sairemos do mesmo co un doce exquisito para degustar nas nosas casas e poder facer algo diferente e caseiro para a sobremesa deste Nadal.

O custo é de 3 euros para socios e de 5 euros para non socios. Aforo máximo de 20 persoas.

Apuntamentos ata as 23:59 h do mércores día 10 de decembro enviando un mail a lardeunta@gmail.com.

 

 

 

Conversa no Lar con Cosme Damián

Día 13/12/2025 — 12:00 h

Local de Lar de Unta

Tras o aprazamento do mes pasado, retomamos a conversa con Cosme Damián.

Nesta nova edición das Conversas no Lar teremos connosco a Cosme Damián Romay. Este veciño de Requián  forma parte do Grupo Naturalista Hábitad.  Licenciado en bioloxía pola USC, ten o diploma de estudos avanzados pola UDC e estudos de doutoramento en taxonomía e bioxeografía de aves de Galiza.

Con Cosme teremos unha agradable conversa sobre o patrimonio natural betanceiro e do resto da contorna.

Como sempre esta charla será retransmitida en directo a través da canle de facebook do Lar de Unta e posteriormente subida á nosa canle de youtube.

Conversas no Lar con Oscar Gilsanz

Día 29/11/2025 — 12:00 h

Local de Lar de Unta

Nesta nova edición das Conversas no Lar teremos connosco a Oscar Gilsanz.

Dende a empresa familiar Transporte Gilsanz, levan 6 décadas adicados ao tranporte de viaxeiros por estrada. Este veciño de Betanzos foi entrenador do Deportivo da Coruña ata a tempada pasada, logrando afianzar ao equipo na segunda categoría do fútbol español.

Repasaremos relaxadamente con el a súa experiencia na dirección do equipo así como os novos retos persoais que se lle presentan.

Como sempre esta charla será retransmitida en directo a través da canle de facebook do Lar de Unta e posteriormente subida á nosa canle de youtube.

CONFERENCIA: Tino Chao e Antonio Machado

Día 20/11/2025 —  20:00 h

LOCAL DE LAR DE UNTA

Nesta xornada temos con nós a Tino Chao, que nos falará de Antonio Machado no ano que se cumpren 150 aniversario do seu nacemento, coa conferencia titulada “A palabra no Tempo”.  Faremos unha lembranza deste autor tan importante das letras españolas.

Tino Chao, mestre xubilado, é un dos especialistas galegos no Camiño de Santiago. A súa vida profesional transcorreu por diversos institutos de Galicia, estando asentado na actualidade en Betanzos de onde é natural.

 

Cineclub Lar de Unta: El Carretón del Desierto

Día 17/11/2025  — 19:00 h

Local de Lar de Unta

O vindeiro luns día 17/11/2025 estrearemos en Galicia “El Carretón del Desierto”, filme de Jorge Prior contanto a fascinante experiencia da troupe do “Carretón” no seu recorrido polos sitios mais recónditos de México.

Presentaremos a película e faremos un coloquio en directo “ON LINE” cos seus protagonistas Kataryna Sek e Jaime Hevia dende o deserto de México.

O evento será retransmitido simultáneamente entre a Asociación Lar de Unta – Betanzos (Galiza) e a Asociación La Trucha Azul de Pola de Lena (Asturies).

El carretón del Desierto

La compañía de teatro nómada, el Carretón del Desierto, fue  constituida en el año 2010 por, Katarzyna Sek, actriz  arionetista formada en la Escuela Nacional de Teatro en Wroclaw, Polonia y Jaime Hevia, maestro especialista de  Educación Física, Universidad Complutense de Madrid, España.
Durante más de una década la compañía abordo de su carretón de tracción animal ha recorrido gran parte del semi desierto Potosino-Zacatecano llevando funciones de teatro de títeres a las comunidades más alejadas y vulnerables, con sus giras independientes, avaladas por distintos medios de comunicación. En el 2012 la  compañía es becada por Ministerio de Cultura de Polonia, en el periodo comprendido entre el 2012 y el 2020 la compañía ha participado en numerosos festivales, eventos, exposiciones e impartición de talleres de teatro en el medio rural, colabora en distintos programas, Alas y Raíces, Teatro de Calle y otros festivales estatales y municipales, con el Instituto Zacatecano de Cultura. En el año 2017 se crea el Grupo Capella, primera agrupación teatral formada por la niñez más destacada de las comunidades rurales donde se han impartido talleres, en los
años 2018 y 2019 se presenta la dirección de dos nuevos montajes del Grupo Capella en distintos festivales y teatros de Zacatecas. En el 2020 la compañía fue seleccionada en la convocatoria federal Cultura hasta donde estes!!,y seleccionada dentro del ciclo OTRA MIRADA en la 41ª Muestra
nacional de teatro ESCALA 2020, CDMX 2020.
En los años 2021 y 2022 fue ganadora de la Convocatoria Nacional de Títeres y Objetos, por la Secretaría de Cultura en coordinación con el CENART, con sus nuevos montajes titulados Naipes del Carretón y Huellas que no borra el viento. La leyenda del burrito bailarín, presentándose en los estados de Zacatecas, San Luis Potosí, Guanajuato, Aguascalientes y Nayarit además de hacer varias presentaciones en diferentes municipios y comunidades.
En 2023 la compañía presenta la película el Carretón del  desierto, en Polonia, Reino Unido y España y Guadalajara, y en el 6° Festival de Cine de la UA-SLP, donde las proyecciones se acompañan del último montaje de la compañía.
En el 2024, se estrena oficialmente la película el Carretón del Desierto, en las Cineteca Nacionales de CDMX, Guadalajara y Monterrey donde se presentan varios eventos de la compañía, posteriormente la película inicia una gira por prácticamente todos los estados de la república mexicana. En este año la
compañía es beneficiaria del programa del FONCA, Fomento Proyectos y Coinversiones Culturales 2023. La compañía presenta su último montaje en CDMX en un programa del Centro Cultural España y La Coordinación Nacional de Teatro.
En el año 2025 la compañía colabora con la Secretaría de Educación en un programa de fomento a la lectura, con el montaje Huellas que no borra el viento, la leyenda del burrito bailarín, en el municipio de Charcas, SLP.

Conversa con Xurxo Souto e Padrón

Día 15/11/2025 — 12:30 h

Local de Lar de Unta

Nesta ocasión teremos con nós a dous referentes do noso país. Nunha xornada especialísima, teremos con nós ao polifacético artista Xurxo Souto, quen conversará co Padrón, xastre e persoeiro betanceiro coñecedor de toda a historia popular da nosa vila.

Neste encontro xurdirán historias da nosa vila, da música, anécdotas e vivencias de moitos anos pasados que nos farán lembrar bos tempos dun xeito agradable.

O evento será retransmitido polo facebook do Lar de Unta e posteriormente subirase á canle de youtube.

 

 

 

Esta web utiliza cookies. Podes ver aquí a Política de cookies. Se segues navegando aceptalas.    Ver
Privacidad