Vendima Infantil – Alborotados 2023

Paseo da Tolerancia – 30/09/2023 — 16:30 h

A Asociación Lar de Unta colabora coa Adega Pagos de Brigante na xornada de Vendima Intantil Alborotados 2023.

Esta Adega organiza o evento no que colaboran o Concello de Betanzos, o colexio Vales Villamarín e Supermercados Eroski.

Poderán participar nenos entre 6 e 12 anos acompañados de seus pais que queiran probar unha nova experiencia e coñecer mais das nosas tradicións milenarias do noso pais.

O evento consitirá en pisado de acios de uvas, unha visita á adega acompañados dos pais e unha posible interpretación da Danza dos Mariñeiros por parte da Asociación Xóvenes do Pobo.

 

 

X Semana da Custodia – VIII Ecorregata

Día 16/09/2023 de 16:00 a 20:30 h. VIII Ecorregata

Lar de Unta colabora con Fragas do Mandeo na protección do medio ambiente das Mariñas.

A maiores de se socio protector de Fragras do Mandeo colaboramos na Semana da Custodia de xeito que como todos os anos socios voluntarios do Lar de Unta axudan nas tarefas de recollida de lixo no cauce da ría, así como na loxística con diverso material e coa comida e bebida para todos os participantes.

Dende Lar de Unta cremos que non podemos estar parados ante a degradación do Medio Ambiente e se trata dun problema de todos no cal debemos aportar cada un un grao de area para o seu coidado.

Obradoiro Confección de Globos de Papel

13/08/2023 e 14/08/2023 — 18:00 H OBRADOIRO DE GLOBOS

16/08/2023 — 22:00 H CEA PARA SOCIOS / 23:30 LANZAMENTO

1.- O Lar de Unta como Asociación betanceira non pode máis que sentir preocupación pola supresión da elevación do globo de Betanzos.

2.- A Directiva de O Lar de Unta entende que non cabe dentro das súas funcións entrar a valorar as causas que poidan explicar dita decisión pero si entende que, como Asociación brigantina debemos mostrar o noso penar pola cancelación dun acto tan antigo e entrañable para todos os betanceiros e galegos.

3.- Sabendo que é imposible substituír a elevación do Globo de Betanzos, a Directiva desexa organizar unha actividade que, cun carácter simbólico e imparcial permita contribuir a encher o baleiro que, sen dúbida, acontecerá nese día tan sinalado (16 de Agosto).

Dito o anterior a directiva ten a ben ORGANIZAR:

1. Un TALLER DE CONFECCIÓN DE GLOBOS DE PAPEL de tamaño inferior a 2 m aberto a toda a cidadanía de Betanzos. Este taller celebrarase o vindeiro día 13 e 14 de agosto a partires das 18:00 h da tarde, e poderase apuntar calquera persoa (menores acompañados) ata completar aforo do local con prioridade para os socios.

Apuntamentos no mail da asociación lardeunta@lardeunta.org

 

 

2. Día 16. As 22:00 h, celebraremos unha CEA aberta a socios que será pagada a escote entre os asistentes.

 

 

 

 

 

Posteriormente, ás 23:30 h procederemos ao Lanzamento dun GLOBO DE PAPEL SIMBÓLICO feito no taller e elevado con helio (estase a tramitar permiso co Concello de Betanzos para utilizar o adro de Santa María).

A DIRECTIVA DE LAR DE UNTA


FOTOS DO PRIMEIRO TALLER DO ANO 2003 SACADAS DA NOSA REVISTA O POXIGO.

Históricas fotos da confección e lanzamento do globo de papel confeccionado cos nenos no ano 2003 por parte da Asociación Lar de Unta.

Estas fotos foron sacadas da revista O Poxigo.

Subida aos Caneiros

Dia 10/09/2023 — hora estimada 14:00 horas

O vindeiro día 10 celebraremos o tradicional xantar para os socios que traballaron na Feira Medieval. Nesta ocasión contamos coa Diana Cazadora para o evento.

10/09/2023 — 14:00 h.: Subida aos Caneiros na Diana Cazadora (hora estimada 14:00 -depende marea-)
– Comida e bebida incluída
A ASOCIACIÓN ASUME O CUSTO
(non se incluirán bebidas extra voluntariamente solicitadas por socios)

30/08/2023 — DATA LÍMITE PARA APUNTARSE: 30/08/2023 ás 24:00 h.
Polas canles habituais (wathsapp, mail, contacto con membro directiva)

 

Lar de Unta na Feira Medieval

Como todos os anos abrimos na Feira Medieval no noso local de Rúa Pescadaría 3 nunha nova xornada de portas abertas.

Poderade disfrutar da mellor música. Toda unha serie de produtos de comida e bebida con produtos escollidos especialmente para a Feira Medieval polos nosos socios.

Lar de unta aposta polos envases reciclables de xeito que este ano incluso os vasos de chupiños van a ser desta modalidade.

Esperamos verte nestes días.

Xornada de traballo no local: montaxe posto exterior Feira Medieval

MARTES DÍA 04/07/2023 — 18.00 H.
MÉRCORES DIA 05/07/2023 — 18.00 H
XOVES DIA 06/07/2023 — 18.00 H.

Estimados socios e socias,
como todos os anos entramos na recta final da preparación para a Feira Medieval de xeito que temos que realizar os últimos retoques no local así como montar o posto exterior.

Convocamosvos a participar nestas xornadas de traballo, sabendo o importante que é para a nosa Asociación.
contamos con todos vos.

A DIRECTIVA DE LAR DE UNTA
www.lardeunta.gal

XORNADAS IRMANDINHAS: ANDAINA POLO PORTO con Isidro Doporto

DIA 02/07/2023 — 12:00 h. — Paseo Antolín Faraldo

ANDAINA POLO PORTO con Isidro Doporto

Como colofón das Xornadas Irmandinhas realizaremos un percorrido polo Porto de Betanzos. Partindo do Paseo Antolín Faraldo ás 12:00 horas, visitaremos entre outras localizacións o Alfolí, a praza de Paio Formoso, o barrio da Ribeira, a Ponte Nova e chegaremos ata o porto actual cunha sucinta explicación a cargo do arquitecto técnico Isidro Doporto, autor do estudo sobre “Os muiños de auga no Concello de Betanzos”.

13:00 h. — Vermú peche — Local Lar de Unta

A continuación achegarémonos ao local de Lar de Unta e comentaremos as xornadas tomando un vermú medieval.

XORNADAS IRMANDINHAS: DIA 30 con Xurxo Souto e “Que volva o mar fondo”

DIA 30/06/2023 — 20:00 h. — Lavadeiro das Cascas

QUE VOLVA O MAR FONDO con Xurxo Souto

Como terceira actividade das Xornadas Irmandinhas adicadas ao porto de Betanzos teremos ao polifacético Xurxo Souto que nos traerá un espectáculo que de ben seguro nos divertirá a todos.

O acto celebrarase no lavadeiro das Cascas e estará aberto a todo o público que queira participar.

Música, historias e lendas de vellos mariñeiros farannos pasar un bo rato en compañía e lembrando o porto medieval da nosa vila.

 

 

 

XORNADAS IRMANDINHAS: DIA 29 O ROMANCE DE DON GAIFEROS con Tino Chao

DIA 29/06/2023 — 20:30 h. — Local de Lar de Unta

O ROMANCE DE DON GAIFEROS con Tino Chao

Grazas á colaboración de Tino Chao, imos representar no noso local a representación da poesía medieval de “O Romance de Don Gaiferos” como segundo acto das Xornadas Irmandiñas tras a emisión o pasado día 14 do filme “O poder das armas”.

O Romance, é unha poesía cantable que relata a peregrinación dun don Gaiferos de Mormaltán,  a vila de Compostela e suponse composta no século XIII.

O texto aparece posto por escrito por primeira vez no ensaio Galicia (1888) de Manuel Murguía quen afirma que é unha obra de orixe popular.

Con variacións no texto, a versión musicada que se coñece na actualidade débeselle ao gaiteiro, investigador e zanfonista, Faustino Santalices, que a interpretou en 1954. Posteriormente fixo unha gravación sonora desta obra, con acompañamento de zanfona.

Xornadas de Traballo no Local

Xornadas de Traballo — Local Lar de Unta

Día 17 e 18 de xuño — ás 18:00 horas

De cara a preparar o local para as Lumeiradas de San Xoan e sobre todo a Feira Medieval, convócase a todos os socios a participar os vindeiros días 17 e 18 de xuño en dúas xornadas de traballo para habilitar os mostradores, recoller  o material que non se vaia a utilizar e outras moitas tarefas necesarias para o desenrolo da Feira.

Lembramos a todos os socios da importancia de apuntarse nestas xornadas así como na propia Feira xa que determinan o devir económico da Asociación ao longo do ano.

Recibide un cordial saúdo e esperamos contar convosco.

A DIRECTIVA DE LAR DE UNTA

Esta web utiliza cookies. Podes ver aquí a Política de cookies. Se segues navegando aceptalas.    Ver
Privacidad