XORNADAS IRMANDINHAS: DIA 29 O ROMANCE DE DON GAIFEROS con Tino Chao

DIA 29/06/2023 — 20:30 h. — Local de Lar de Unta

O ROMANCE DE DON GAIFEROS con Tino Chao

Grazas á colaboración de Tino Chao, imos representar no noso local a representación da poesía medieval de “O Romance de Don Gaiferos” como segundo acto das Xornadas Irmandiñas tras a emisión o pasado día 14 do filme “O poder das armas”.

O Romance, é unha poesía cantable que relata a peregrinación dun don Gaiferos de Mormaltán,  a vila de Compostela e suponse composta no século XIII.

O texto aparece posto por escrito por primeira vez no ensaio Galicia (1888) de Manuel Murguía quen afirma que é unha obra de orixe popular.

Con variacións no texto, a versión musicada que se coñece na actualidade débeselle ao gaiteiro, investigador e zanfonista, Faustino Santalices, que a interpretou en 1954. Posteriormente fixo unha gravación sonora desta obra, con acompañamento de zanfona.

Xornadas de Traballo no Local

Xornadas de Traballo — Local Lar de Unta

Día 17 e 18 de xuño — ás 18:00 horas

De cara a preparar o local para as Lumeiradas de San Xoan e sobre todo a Feira Medieval, convócase a todos os socios a participar os vindeiros días 17 e 18 de xuño en dúas xornadas de traballo para habilitar os mostradores, recoller  o material que non se vaia a utilizar e outras moitas tarefas necesarias para o desenrolo da Feira.

Lembramos a todos os socios da importancia de apuntarse nestas xornadas así como na propia Feira xa que determinan o devir económico da Asociación ao longo do ano.

Recibide un cordial saúdo e esperamos contar convosco.

A DIRECTIVA DE LAR DE UNTA

Lumeiradas San Xoan 2023

23 de Xuño de 2023 — LUMEIRADAS SAN XOAN

Como todos os anos celebraremos a lumeirada de San Xoan para celebrar a noite mais curta do ano.

Ás 20:00 h. iniciaremos a preparación do lume por parte dos socios que se apunten. Pecharemos o final da Rúa Travesa esquina a Rúa Pescadería como todos os anos.

Ás 21:00 horas comezaremos coa sardiñada aberta a socios e invitados. O menú consistirá en churrasco, sardiñas, viño e postre a un prezo de 5 euros para socios (e 10 euros para non socios).  Se o tempo acompaña montaremos mesas na rúa. A cervexa e os licores non están incluídos no prezo.

Ás 24:00 horas prepararemos a tradicional queimada.

Os socios poden apuntarse antes do 15 de xuño ás 23.00 horas e o 18:00 de xuño para non socios sempre que haxa prazas libres.

Programación mes de xuño 2023

Xuño 2023

Neste mes de xuño teremos como intre relevante a montaxe do local para lumeiradas e Feira Medieval. Facemos un chamamento a todos os socios a participar no mesmo para lograr ter todo en marcha de cara ao día23.

Iremos mandando novas pero esperamos contar con todos na próxima Feira.

Encontro coa Escritora Marta Estévez

Presentación de Libro e Encontro coa Escritora Marta Estévez

Día 20/05/2023   —  12:30 h. LIBRARÍA BIBLOS e LOCAL LAR DE UNTA

O próximo día 20 de maio a escritora Marta Estévez, finalista do premios Azorín e Planeta, vai presentar o seu libro “El secreto de las hermanas Asorey” na librería Biblos nun acto co-organizado por Lar de Unta.

Posteriormente pasaremos polo local de Lar de Unta para realizar un encontro mais distendido e falar en primeira persoa coa autora.

Esperamos contar coa vosa presencia.

VIÑOFOLK NO LAR: ADEGAS BORDEL e DO LADO DO SOL

VIÑOFOLK DO LAR con ADEGAS BORDEL e o grupo DO LADO DO SOL

DIA 27/05/2023 — 11:00 HORAS VISITA A ADEGAS BORDEL

DÍA 27/05/2023  — 20:30 horas — VIÑOFOLK

O vindeiro día 27 de maio temos organizado unha visita a Adegas Bordel de Abegondo. O desprazamento será en coche particular (coordinaremos para levar o menor número posible) e o evento consistirá nunha visita guiada á Adega e viñas. O prazo para apuntarse é ata o 19/05/2023 ás 24:00 h.

Pola tarde celebraremos un novo Viñofolk no local de Lar de Unta. Nesta ocasión contaremos co produtor de viño Adegas Bordel, pertencente á denominación de Viños da Terra de Betanzos, e localizada no Concello de Abegondo.

Acompañándonos estará o grupo musical DO LADO DO SOL, tamén de Abegondo, que ambientarán a ocasión coa súa música.

Como sempre o aforo máximo é de 50 persoas e poderanse apuntar socios ata o día 21/05/2023 ás 24:00 h. e a partires desa data abrirase a non socios. A reserva será por orde de inscrición.

Os participantes levarán a súa comida e o viño terá un recargo dun euro para axuda aos músicos.

Recibide un cordial saúdo.

Vermú polas Letras

Mércores 17/05/023 — Vermú polas letras

Local de Lar de Unta – 12:00 horas

Dentro da programación polas Letras Galegas 2023 adicadas a Francisco Fernández del Riego, a Asociación Lar de Unta ten a ben organizar unha actividade festiva en lembranza da personaxe.

Por ese feito faremos un acto lúdico en sintonía co que se ten preparado en dentro do Casco Vello por Librería Biblos e Café Lanzós.

12:00 Proxección do documental “Francisco Fernández del Riego: O que nunca se rende”.  Capítulo 1 da serie feita pola Real Academia Galega para conmemorar as Letras Galegas deste ano.

12:30 Vermú pola língua. Brindaremos lúdicamente polo autor homenaxeado este ano comentando a súa obra, con vermús a 1 euros para todo aquel que queira achegarse. Obrigatorio falar en galego.

Lembramos que Librería Biblos e Café Lanzós tamén celebran ese día un vermú con actuación musical para conmemorar as letras.

Cineclube – José Afonso ao Vivo no Coliseu

DIA 25/04/2023 – 19:30 h. – Local Lar de Unta

Proxección especial “25 de abril pola revolución portuguesa”.

Este martes 25 de abril, o Cine Clube Lar de Unta homenaxea a revolución dos cravos portuguesa coa proxección do último concerto de José Afonso en 1983 no Coliseu de Lisboa, retransmitido en directo pola RTP e do que foi extraído um soco ao vivo editado en 1985.

Coa duración de unha hora, o Zeca Afonso contou com numerosos artistas no escenario a modo de homenagem ao que foi o cantante da revolución e autor da Grándola Vila Morena, o tema que mobilizou ás forças revolucionárias portuguesas para efectuar a revolta máis fermosa, na que os caravela sustituiron ás balas nos fusís.

A proxección terá tugar no Lar de Unta, rúa Pescadería 3 de Betanzos ás 19:30 horas. A entrada é gratuita.
Ao remate, coloquio entre o público assistente como en todas as proxeccións do Cine Clube Lar de Unta

Esta web utiliza cookies. Podes ver aquí a Política de cookies. Se segues navegando aceptalas.    Ver
Privacidad