Lumeiradas de San Xoan 2026

DIA 23/06/2026 — 20:00 H

LOCAL DE LAR DE UNTA

Como todos os anos celebraremos as Lumeiras de San Xoan o día 23/06/2026.

Arrancaremos a partires das oito da tarde coa preparación do lume.

20:00 horas Preparación do lume por parte dos socios que se apunten

21:00 horas  Sardiñada e churrasco abertos a socios e invitados

Custo de 5€ para socios  (10 € para non socios)

SOCIOS PODEN APUNTARSE ANTES DO 15 DE XUÑO ás 23:00 horas
(16 de xuño para non socios )

 

Xornadas de Traballo: 20 e 27 de xuño

Iniciamos a preparación do local de cara á Feira Medieval, para elo necesitamos a colaboración de todos os socios e socias para unas xornadas de traballo que nos permitan telo todo amañado de cara ao mes de xullo.

O día 20 e 27 faremos a xornada en dúas quendas:

9:00 h en adiante

17.30 h en adiante

Como todos os anos, retiraremos as estufas e todo o material non necesario para o faiado ou o cuarto almacén, colocaremos as barras do local e sacaremos o barro. Baixaremos o posto exterior para a súa colocación na semana da feira. Faremos unha limpeza xeral.

Intentaremos realizar todos os traballos o día 20, quedando os que non fosen posibles para o 27.

 

Conversas no Lar: Xurxo Souto con Paco Casal APRAZADA

DIA 31 DE MAIO DE 2026 – 12:00 H

LOCAL DE LAR DE UNTA

O evento que ía ser realizado na Asociación con Xurxo Souto e Paco Casal, lembrando épocas e experiencias deste gran autor da música betanceira ten que vir de ser aprazado por motivos persoais.

Esperemos que en breve poidamos axendar unha nova data para poder disfrutar da compañía destes dous mónstruos da nosa cultura na nosa Asociación.

A Asociación pide disculpas polas molestias.

 

Conversas no Lar con Ana Tomé

Día 23/05/2026 — 12:00 h

Local de Lar de Unta

Este día temos con nós a Ana Tomé, xornalista e docente, apaixoada da comunicación dixital.

Estamos encantados de recibir na nosa asociación a esta antiga socia que sempre está implicada en numerosas actividades de promoción da fotografía e a imaxe no sentido mais amplo. Unha das artistas que promoven activamente a fotografía, e non só, como un xeito de expresarse nos nosos días.

Numerosos cursos e obra a avalan e hoxe departirá con nós acerca da súa visión tanto dos proxectos nos que participa así como da realidade cultural da nosa vila.

Cineclube Especial Letras Galegas: “Entre línguas”

Día 18/05/2026 — 20:00

Local de Lar de Unta

Con motivo das Letras Galegas e celebrando o éxito do Grupo de Conversas en Galego creado pola Asociación e integrado no programa Falarmos Nós da Deputación da Coruña, para reunir  a todos aqueles que buscan un sitio amable onde conversar en galego, axudando a xente que na súa vida diaria non atopan eses espazos.

Nesta ocasión proxectaremos o filme Entre Línguas, documental dirixido por Joao Aveledo, Eduardo Maragoto e Vanessa Vila Verde, onde nos falan dos catro  territorios situados ao longo da fronteira de España con Portugal, dende a provincia de Zamora ata Badaxoz, nos que por diversas vicisitudes hitóricas, conservan a língua galega, coa súa variante local.  Os seus veciños contan como viven esa peculiaridade.

A continuación teremos un coloquio entre os presentes e cos membros do Grupo de Conversas sobre a realidade da língua nos diversos ámbitos sociais.

 

 

Xantar do Porco Bravo

Día 16/05/2026 — 14:30 h

Local de Lar de Unta

O vindeiro sábado 16 e grazas ao donativo dun xigantesco cochiño por parte dun socio, teremos un xantar bravú.

O aforo será de 40 persoas podendo apuntarse os socios ata o día 7 e os non socios dende esa data ata o día 12 (custo non socios: 10 euros).

Haberá menú especial para os non bravús consistente en churrasco ou cocido a decidir pola organización.

O menú inclúe Entrante, Prato Xabarín, Ensalada, Postre. Bebida (viño sen D.O. e refrescos) incluídos.

Todo polas canles habituais:

Cineclube Lar de Unta: “Migas de Pan” no Cine Alfonsetti

Día 24/04/2026 — 20:00 h

CINE ALFONSETTI

O vindeiro venres no Cine Alfonsetti teremos o filme Migas de Pan. Organizado polo Cineclube Lar de Unta en colaboración co Concello de Betanzos.

Migas de Pan , é un poderoso relato denuncia que visibiliza os horrores que a dictadura uruguaia cousou en miles de mulleres. Candidata ao Oscar por Uruguai en 2016, ten varias partes rodadas en Betanzos.

O repons

abel do son foi o betanceiro Dani López de Mandeo Records.

Ao remate d

a proxección teremos un coloquio coa súa directora Maname Rodríguez.

A película é un dram

a inspirada no relato de Liliana Pereira, unha ex presa política da última dictadura de Uruguai (1973-1985).

Conversas no Lar con Francisco Martínez “Pin”

Sábado 11 de abril de 2026 — 12:00 h

Local de Lar de Unta

O ciclo Conversas no Lar continúa a súa programación cultural coa participación do artista Francisco Martínez Pin, unha figura destacada no ámbito da creación artística vinculada ao medio mariño.

Recentemente, o autor presentou no Museo das Mariñas a exposición “Volta o mar a Betanzos”, na que reúne arredor de medio cento de pezas elaboradas a partir de materiais recuperados do mar. A mostra constitúe unha proposta artística que combina creatividade, sustentabilidade e posta en valor da identidade mariñeira, transformando elementos de refugallo en obras de gran valor expresivo.

Neste contexto, Martínez Pin participará nun novo encontro das Conversas no Lar, sendo retransmitido como sempre pola canle de facebook do Lar de Unta e posteriormente colgada na nosa canle de youtube.

Un espazo para o diálogo cultural

A sesión ofrecerá ao público a oportunidade de coñecer en profundidade o proceso creativo do artista, así como a súa reflexión arredor do mar como fonte de inspiración e como elemento central na súa obra. Trátase dun encontro que promove o diálogo entre arte, territorio e conciencia ambiental, contribuíndo á difusión de propostas culturais comprometidas co entorno.

 

 

Cineclube Lar de Unta: Reflexos do Amor Escuro

Local de Lar de Unta

26/03/2026 — 20:00 h

Estrea de “REFLEXOS DO AMOR ESCURO” de J.A. Jiménez, F. Naviera e G. Rolán.

Este documental parte dunha curtametraxe de ficción, feita por J.A. Jiménez en super 8 mm, no ano 1977, e relata as vivencias duns homes acaecidas na cidade de A Coruña naquela época.

O que Garcia Lorca chamou Amores escuros.

No documental inclúese teatralización dos sonetos sobre ditos amores.

A continuación do filme celebraremos o tradicional coloquio cos directores do documental.

Conversas no Lar con ANDONI PARRAS y FERNANDO GEIJO

Día 21/02/2026  — 12:00 h

Local de Lar de Unta

Este día teremos con nós a Andoni Parras e Fernando Geijo, dous dos participantes no grupo de Conversas en Galego organizado pola Asociación Lar de Unta.

Ambolosdous falarán con nós do seu interese en aprender a nosa língua aínda que son criados fora da nosa terra, un en Valladolid e outro en  Donosti.

Falaremos amigablemente de como un foráneo ve a situación do idioma, as dificultades para falalo no seu día a día e de como deron o paso de vir ao grupo de conversas en Betanzos.

Unha visión dende fora do noso idioma que nos fará comprender mellor a situación da língua no país.

 

 

Esta web utiliza cookies. Podes ver aquí a Política de cookies. Se segues navegando aceptalas.    Ver
Privacidad