Samaín 2021 – Ciclo de Cinema

Este ano no Samaín imos disfrutar dun ciclo de Cinema de Terror con películas escollidas de alta calidade.

As películas serán ás 20.00 horas e cun aforo máximo de 35 persoas no local da ASOCIACIÓN LAR DE UNTA

Manteremos a normativa da nova normalidade e o acceso será libre ata completar aforo.

Día 02/11/2021 – “Dagón, la secta del mar” (2001)

Paul e a súa noiva Barbara están celebrando o éxito da súa nova empresa con Howard, o seu socio, e a súa muller Vicki. Os catro están gozando das súas vacacións na costa de Galicia. Os problemas comezan cando o barco no que van choca contra un arrecife, deixando a Vicki atrapada entre os restos. Howard fica con ela mentres Paul e Barbara van en busca de axuda. Chegan a un decrépito pobo de pescadores que parece estar deserto. Aparecen uns estraños habitantes ofrecendo axuda. Unha vez alí descobren con sorpresa que Howard e Vicki desapareceron.

DIA 04/11/2021 “ROMASANTA, LA CAZA DE LA BESTIA” (2004)

Corre o ano 1850. A aparición dunha chea de cadáveres nos montes galegos fai xurdir a lenda do lobishome. Bárbara vive coa súa irmá Xosefa nos arredores do pobo. Manuel, un vendedor ambulante e namorado secreto de Xosefa, protexe as mulleres. Un día Manuel leva a Xosefa á cidade; cando volve na procura de Bárbara, esta comeza a sospeitar del. Por que Manuel non ten ningún medo a cruzar o bosque? Que agocha no seu vello carromato?

DIA 09/11/2021 “THE REAPING” (2007) – A Colleita

Unha antiga misioneira cristiá (Hilary Swank) perdeu a fe cando a súa familia foi tráxicamente asasinada, e dende entón convértese nunha autoridade na refutación de fenómenos relixiosos. Pero cando está investigando nun pequeno pobo de Luisiana, que está sufrindo o que parecen ser as pragas bíblicas, dáse conta de que estes feitos non poden ser explicados pola ciencia e debe recuperar a fe para combater ás escuras forzas que ameazan esta comunidade.

DIA 11/11/2021 “THE RITE” (2011)

Michael Kovak (Colin O’Donoghue) é un decepcionado seminarista norteamericano que decide asistir a un curso de exorcismos no Vaticano, o que fará que a súa fe cambaléese e teña que enfrontarse a terribles forzas demoníacas. En Roma coñecerá ao Pai Lucas (Hopkins), un sacerdote pouco ortodoxo que lle ensinará o lado escuro da Fe…011)

Saída aos Cogumelos o día 06/11/2021

A directiva do Lar de Unta ven de organizar unha nova saída para divulgar o coñecemento dos Cogumelos así como o descubrimento de zonas do noso pais non moi visitadas. Asimesmo faremos unha boa camiñada que nos poña en forma a todos.

O punto de encontro será o Bar Vázquez en Saavedra Meneses ás 10.00 horas da mañá. En coches particulares iremos a zonas de Irixoa ou Aranga para atopar o lugar idoneo para a recollida de cogumelos.

Dada a duración da xornada recoméndase levar comida e bebida dado que a actividade rematará pola tarde.

No serán, ás 18:30 horas celebraremos no local da asociación un taller explicativo sobre as SETAS E COGUMELOS DO OUTONO,identificando aquelas que poidan ser perigosas con todo o material recollino na xornada. A asistencia é libre ata completar aforo de 35 persoas no local.

Sendas actividades realizaránse de acordo co protocolo covid vixente no momento e gardando a distancia de seguridade.

A Directiva de Lar de Unta

SAMAIN 2021

A Asociación Lar de Unta no seu ánimo de darlle vida á tradición do Samain, organiza como todos os anos unha serie de actividades para os seus socios e a cidadanía betanceira.

Ata o día 29 de poderán presentar orixinais ao II Concurso de Relato Curto Lar de Unta  – Samaín.

O domingo 31 organizarase ás 18.30 h, de novo o tradicional obradoiro de cabazas onde os mais pequenos poderán aprender a facer a súa cabaza e levala para casa.

O mesmo día faremos o magosto e churrasco no noso Local  ás 20.30 h. onde terán preferencia os socios que queiran asistir pero abrirase a outra ente ata completar aforo de 35 persoas. O custo será de 10 eur/persoa e non estarán incluídas as bebidas nesa cantidade.

Ao longo da semana seguinte faremos un ciclo de cine con películas truculentas para disfrutar destas datas.

CICLO DE CINE SAMAIN

DIA 2/11 20:00 h.
“DAGON, A SEITA DO MAR”

DIA 4/11 20:00 h. “ROMASANTA. A CASA DA BESTA”

DIA 9/11 20:00 h.
“A COLLEITA”

DIA 11/11 20:00 h.
“O RITO”

Esperamos contar coa vosa presencia nun novo paso á normalidade.

A directiva de Lar de Unta.

II Concurso de Relato Curto Lar de Unta – Samaín 2021

A asociación Lar de Unta ten a ben convocar o II concurso literario de relato curto con motivo do Samaín.

As bases do concurso pódense consultar no arquivo en PDF adxunto, de xeito que se poderán presentar relatos ata o día 29 de outubro de 2021 ás 23.30 horas con envío de mail ao enderezo da asociación lardeunta@lardeunta.org

Se o ano pasado resultaron premiados Alfonso Regueiro e Xabier Gayoso, esperamos que este ano novamente poidamos celebrar unha nova entrega entre todos deixando atrás o peor da pandemia.

Esperamos contar coa túa participación.

A DIRECTIVA DE LAR DE UNTA

BASES DO II CONCURSO DE RELATO CURTO – LAR DE UNTA – SAMAIN 2021

2021-10 Samain – bases concurso relatos

Saída aos Cogumelos o día 23/10/2021

Como ven sendo tradicional o vindeiro sábado 23 de outubro organizaremos unha saída aos cogumelos dende a Asociación Lar de Unta.

O punto de encontro será o Bar Vázquez en Saavedra Meneses ás 10.00 horas da mañá. En coches particulares iremos a zonas de Irixoa ou Aranga para atopar o lugar idoneo para a recollida de cogumelos.

Dada a duración da xornada recoméndase levar comida e bebida dado que a actividade rematará pola tarde.

No serán, ás 18:30 horas celebraremos no local da asociación un taller explicativo sobre as diversas modalidades de setas e cogumelos identificando aquelas que poidan ser perigosas con todo o material recollino na xornada. A asistencia é libre ata completar aforo de 35 persoas no local.

Sendas actividades realizaránse de acordo co protocolo covid vixente no momento e gardando a distancia de seguridade.

A Directiva de Lar de Unta

Coñecer Galiza: “Vilanova de Arousa”

DIA 1, 2 E 3 DE OUTUBRO

VILANOVA DE AROUSA

O vindeiro fin de semana do día 1 ao 3 de outubro a Asociación Lar de Unta, dentro do programa anual de Coñecer Galiza, vai realizar unha visita para coñecer a ría de Arousa quedándonos en Vilanova de Arousa.

Alí pernoctaremos no Camping O Terrón e realizaremos diversas saídas a coñecer toda a bisbarra.

Os socios apuntados ao evento sairán o venres e retornarán o domingo, e dada a situación de pandemia, a Asociación non asumirá ningún tipo de custo desta actividade.

Esperamos que os socios o pasen ben e sexan unhas xornadas moi agradables de convivio entre todos.

A Directiva de Lar de Unta

Dialogos no Lar con Manuel Miragaia e a relación entre Galiza e Portugal

Día 29/09/2021        Hora: 20:00

Local do Lar de Unta

Manuel Miragaia: “A Galiza e Portugal a través da Historia”.

Manuel Miragaia, licenciado en filosofía pola USC e articulista de numerosos xornais galegos, vai desenvolver o vindeiro día 29 no local de Lar de Unta, a palestra “A Galiza e Portugal a través da Historia”.

Debullaremos a relación histórica entre os dous territorios e a súa evolución ao longo do tempo.

Esta interesante palestra enmárcase dentro do ciclo de actividade cultural do Lar de Unta neste outono inverno do 2021.

A entrada será libre ata completar aforo e sempre respectando as medidas de distancia social e protección que rexen durante esta pandemia.

A directiva de Lar de Unta

Joaquin Barral: “Orballo: Agricultura ecolóxica dende a Reserva da Biosfera”

Día 25/09/2021

Hora: 20.00 horas

Local do Lar de Unta

O vindeiro sábado día 25/09/2021, Joaquin Barral presentará o proxecto Orballo no Lar de Unta. Trátase dunha iniciativa de posta en valor da agricultura ecolóxica galega que ten recoñecemento internacinal.

Orballo comezou en 2012 para ofrecer produtos 100% ecolóxicos da mellor calidade. Dende a nosa bisbarra comezaron a cultivar e volve poñer en valor especies como Castiñeiros, Abeleiras, Nogais e multitude de prantas aromáticas, sempre dende o respecto e coidado que a nosa terra se merece.

Joaquin Barral explicaranos esta iniciativa que pode axudar a criar un novo futuro para a nosa agricultura.

 

Presentación do Libro “O PARQUE DO PASATEMPO DE BETANZOS”

SÁBADO DÍA 18/09/2021

HORA: 20:00 HORAS

LOCAL DO LAR DE UNTA

Os tres autores do libro, Ángel Arcay, Yosune Duo e máis José Souto, acudirán o sábado dia 20 ao local do Lar de Unta para a presentación do seu libro “O PARQUE DO PASATEMPO DE BETANZOS”.

Trátase do libro mais completo sobre as antigas hortas de don Juan. No que se plamarán os pormenores do parque enciclopédico e se contarán numerosas anécdotas sobre o mesmo.

Estarán con nós os tres autores dando lugar a un agradable coloquio tras a presentación.

A entrada será libre ata completar aforo de 20 persoas segundo as  normas actuais por mor da pandemia Covid19

A Directiva do Lar de Unta

Diálogos no Lar. André Pena Granha e “O berce dos seres míticos galegos”.

O vindeiro sábado día 11 de setembro ás 20.00 horas, comezaremos a programación cultural da Asociación Lar de Unta para o outono e inverno do ano 2021.

Comezamos os Diálogos no Lar con André Pena Granha. Doutor en Arqueoloxía e Historia Antiga pola Universidade de Santiago de Compostela, desde 1987 traballa como historiador, arqueólogo e arquiveiro do concello de Narón. É o actual decano do Instituto Galego de Estudos Célticos e activo defensor da civilización celta de Galicia como berce dos celtas da Europa atlántica.

Desta xeira ven a falar con nós dos Seres Míticos Galegos.

Esta web utiliza cookies. Podes ver aquí a Política de cookies. Se segues navegando aceptalas.    Ver
Privacidad