Cineclube Lar de Unta: “O Moredo”

Día 20 de febreiro de 2020 – 20:30 horas

Proxección do filme “O Moredo. A resistencia do antroido ribeirao” no Lar de Unta.

O vindeiro día 20 de febreiro de 2020 o cineclube Lar de Unta ten a ben programar o filme “O Moredo”, unha revisión da resistencia do antroido ribeirán.

 

Ficha do Filme:

Título Internacional / International Title: O Moredo “The resistence of Entroido Ribeirao”
País / Country: España
Duración en minutos / Running Time in Minutes: 28
Ano / Year: 2016
Língua / Language: Galego
Posee subtítulos en español / Film with Spanish subtitles: SI
Sinopsis / Synopsis:
O “Entroido Ribeirao” é un entroido ancestral da Ribeira Sacra en Chantada  que resistiu en “O Moredo” á  dictadura franquista e á despoboación que sofre o mundo rural.

Festivales en los que ha participado el film / Festivals which the film was shown:
Selección oficial Espiello 2016 Huesca (España)
Selección oficial CIFA 2017 PERÚ
Selección oficial Festival de Cine Independiente de Salto FECIS (Uruguay)
Selección oficial 12 Muestra internacional de Cine Etnográfico Museo do Pobo Galego MICE (Santiago de Compostela, España)
Selección oficial Social Machinery Fim Festival 2017 (Toscana, Italia)
Selección oficial FICP 2017 (Patagonia)
Selección oficial FECIP 2017 (Ecuador)
Selección oficial IV Mostra

Entroido 2020

Entroido 2020

Día 23 ás 18:30 horas. Obradoiro de Orellas

Día 24 ás 20.00 horas. Cea de disfraces

Como todos os anos celebraremos o Entroido nunha cea o vindeiro día 24 ás 20.00 horas da tarde no noso local de Rúa Pescadería.

O evento é aberto a todos os socios que queiran asistir e pregámosvos que acudades disfrazados coas vosas mellores galas.

O prazo para apuntarse é ata o día 17/02/2020 ás 20:00 horas.

Anímate e participa con todos !!!

O día 23 pola tarde haberá un Obradoiro de Orellas onde estades todos convidados a participar.

Aprende o xeito de facer as tradicionais orellas de Antroido.

Viño Folk de Febreiro: Día 15 con Pesquedellas e o viño de Eladio Migal

DIA 15-02-2019 , ás 21:00 horas no LAR DE UNTA

Nesta ocasión as amigas das Pesquedellas encargaránse da parte musical e o Viño Branco Lexítimo de Eladio Migual nos servirá para deleitar os nosos paladares.

A Asociación Lar de Unta, en colaboración con ASMUBE (Asociación de Músicos de Betanzos), o colectivo Pesquedellas, e diversos produtores de Viño do Pais con denominación de Viño da Terra de Betanzos,  organiza unha xornada mensual de FOLK e VIÑO DO PAIS no seu local sito en Rúa Pescadería 3 entre xaneiro e maio de 2020.

Nesta actividade convertiremos o Lar de Unta na típica adega do pais na que teremos unha actuación folk e a continuación serviremos viño dunha das adegas con denominación de Viño da Terra. Como en calquera adega do viño do pais os asistentes poderán levar os manxares que desexen para acompañar a bebida, sendo que o custe do viño será a escote. A actividade estará aberta a socios ata completar un aforo de 50 persoas, 10 dos cales serán cedidos aos músicos que interveñan.

O primeiro evento foi o sábado 25 de xaneiro coa colaboración dos músicos da ASMUBE e o viño de Adegas Bescansa. A actividade está aberta a non socios en caso de que non se cubra o aforo.

Cine Clube Lar de Unta: Ciclo Oliver Laxe

Na última semana de xaneiro, e en colaboración co Concello de Betanzos, o Cine Clube Lar de Unta ten programado o 1° ciclo adicado a Oliver Laxe coa proxección das tes películas premiadas en Cannes e dúas das súas curtas. As proxeccións comenzarán o 24 de Xaneiro no cine Alfonseti con ‘Mimosas’, o 28 de Xaneiro no Lar de Unta ‘París#1’, da súa primeira etapa e ‘Salvaxe leva o seu tempo’ unha máis máis recentes rodada no Chanfaina Lab de San Sadurniño. O 30 de Xaneiro no Lar de Unta ‘Todos vós sodes capitáns’ e o 31 de Xaneiro no cine Alfonseti ‘O que arde’.

En tódolos filmes contaremos con convidados relacionados coas películas, entre eles Felipe Laxe, productor de Mimosas o día 24 no Alfonsati, Manolo González, un dos promotores do Novo Cimema Galego estará o 28 no Lar de Unta e Todos vós sodes Capitáns, o día 31, contará co protagonista do filme Amador Arias.

O Cine Clube LAR DE UNTA proxecta desta maneira o mellor cine dun dos directores de maior éxito de Galiza, Oliver Laxe, con un ciclo único que repasa a súa traxectoria e no que todas as proxeccións serán gratuitas.

Nas proxeccións haberá coloquio dos convidados co público para adentarse de maneira directa no traballo criativo de Oliver Laxe.

—————————-

1. MIMOSAS

VENRES 24 DE XANEIRO ÁS 20:00 NO CINE ALFONSETI DE BETANZOS (Praza Irmaos García Naveira).
Coa presentación e participación do coloquio co público de Felipe Laxe -Zeitun Films- productor. Entrada gratuita e para todos oa públicos até cometar aforo
.
filme.de Olkver Laxe premiado en Cannes.

Sinopse

Unha caravana acompaña a un ancián e moribundo Sheikh a Sijilmasa. A súa última vontade é ser enterrado xunto aos seus, pero a morte non espera e alcánzao mentres cruzan as escarpadas cumes do Atlas marroquí. Os caravaneros, temerosos da montaña, néganse a seguir transportando o cadáver. Ahmed e Said, dous buscavidas que viaxan coa caravana, din coñecer o camiño a Sijilmasa e ofrécense a levar o seu corpo ata alí. A esposa do Sheikh dubida, realmente coñecen o camiño?

Noutro mundo, paralelo e remoto, Shakib é escollido para viaxar ata as montañas onde se atopa a caravana. O seu labor é claro: ten que axudar aos improvisados caravaneros a chegar ao seu destino. Shakib tamén dúbida, é a súa primeira misión.

——————————–

2. SESIÓN CURTAMETRAXES: “PARIS#1” + “O SALVAXE LEVA O SEU TEMPO”.

Martes 28 de Xaneiro ás 20:00 no LAR DE UNTA, rúa Pescadería 3 Betanzos.
Coa introducción e participación no colóquio de Manolo González, un dos impulsores do Novo Cinema Galego e do Chanfaina Lab. Ex director  da Axencia Galega do Audiovisual. Entrada gratuita e para todos os públicos até  cometar aforo.

París #1 (2008)

A curta pola que se empezou a falar de Óliver Laxe en Galicia (moitos lembran aquel visionario post de Martin Pawley titulado “Viva Óliver Laxe!”, que enxergaba en 2008 a chegada do Novo Cinema Galego) é a primeira que rodou no noso territorio. A pesar do seu título, París #1 sitúase fisicamente nos Ancares e é un caderno de viaxe á aldea da familia materna do cineasta. Estampas dunha visita no verán con amigos, coa familia, con veciños, animais, paisaxe e, xa daquela, helicópteros contraincendios. Perfecta para ver despois previamente a O que arde e seguir gozando da ollada de Laxe sobre a súa xente cercana, sabendo que é coa perspectiva dun fillo de emigrantes en París.

O salvaxe leva o seu tempo (2018)

Esta pequena xoia foi rodada en 2017 cando Óliver Laxe foi un dos cineastas convidados ao Chanfaina Lab, un encontro-residencia de creadores audiovisuais que durante unha fin de semana teñen que rodar unha peza no concello de San Sadurniño. Laxe chegou e filmou esta fermosa peza con Nadia Acimi e unha grea de cabalos salvaxes. Na sinopse que vemos na web cóntase a intrahistoria desta curta, que Laxe define así: “Facer unha película é querer domar o salvaxe, capturalo. Este nos atrae e estimula: un mundo salvaxe, unha vida salvaxe, un amor salvaxe… Esta película é un retrato de seres indomables”.

—————————–

3. Todos vós sodes capitáns (2010)

Xoves 30 de Xaneiro ás 20:00 no Lar de Unta, rúa Pescadería 3, Betanzos.
Coa presentación e participación no colóquio de Brais Romero director da revista galega de cinema A CUARTA PAREDE. Entrada gratuita e para todos os públicos até completar aforo.

Datos e sinopse:

Coa súa primeira longametraxe, Todos vós sodes capitáns, o director fixo entrar o cinema galego por primeira vez, e non última, no Festival de Cannes. Foi seleccionado na Quincena de Realizadores e aslí levou o premio Fipresci da crítica internacional. Unha fazaña histórica que permitiu que o filme puidese verse nalgunhas salas comerciais, na súa versión orixinal en árabe, francés e español con subtítulos en galego. Nela Óliver Laxe ponse diante da cámara para rodar a súa experiencia nun obradoiro con nenos que viven nun fogar de acollida de menores en Tánxer, Marrocos.

—————————-

4.  O QUE ARDE de Oliver Laxe

 Venres 31 de xaneiro ás 20:00 no Cine ALFONSETI DE BETANZOS  (Praza irmaos García naveira)

CLAUSURA DO CICLO – DETALLES DO EVENTO

Presentación do filme O que arde de Óliver Laxe, con posterior charla coloquio co protagonista Amador Arias. Versión orixinal en galego. Entrada gratuita para todos os públicos até cometar aforo.

SINOPSE

Ninguén espera a Amador cando sae do cárcere tras cumprir condena por provocar un incendio. Regresa á súa casa, unha aldea perdida das montañas lucenses, onde volverá convivir coa súa nai, Benedicta, a súa cadela Luna e as súas tres vacas. As súas vidas transcorren ao ritmo sosegado da natureza, ata que todo cambia cando un lume violento arrasa a zona.

2019: Festival de Cannes: Un Certain Regard – Premio do xurado.

 

Folk e Viño no Lar en Xaneiro

DIA 25-01-2019 , ás 21:00 horas no LAR DE UNTA

A Asociación Lar de Unta, en colaboración con ASMUBE (Asociación de Músicos de Betanzos), o colectivo Pesquedellas, e diversos produtores de Viño do Pais con denominación de Viño da Terra de Betanzos, vai organizar unha xornada mensual de FOLK e VIÑO DO PAIS no seu local sito en Rúa Pescadería 3 entre xaneiro e maio de 2020, podendo ver na páxina web da Asociación os días exactos.

Nesta actividade convertiremos o Lar de Unta na típica adega do pais na que teremos unha actuación folk e a continuación serviremos viño dunha das adegas con denominación de Viño da Terra, neste primeiro evento será Adegas Lorenzo Bescansa. Como en calquera adega do viño do pais os asistentes poderán levar os manxares que desexen para acompañar a bebida, sendo que o custe do viño será a escote. A actividade estará aberta a socios ata completar un aforo de 50 persoas, 10 dos cales serán cedidos aos músicos que interveñan.

O primeiro evento será o vindeiro sábado 25 de xaneiro á partires das 21:00 horas e dado o aforo limitado pregaríamos aos socios interesados en apuntarse que o comunicaran con data límite do venres 17 de xaneiro de 2020. En caso de quedar postos vacantes abrirase á posibilidade de que concurran non socios.

Cine Clube Lar de Unta: “Sempre Xonxa” . Día 19 de decembro ás 20:00 horas

MELLOR CINE GALEGO, EN BETANZOS CO LAR DE UNTA

Sempre Xonxa e un ciclo adicado a Oliver Laxe serán as propostas do Cine Clube LAR DE UNTA para decembro e xaneiro.

Cúmprense 30 anos da estrea de tres filmes icónicos, Sempre Xonxa de Chano Piñeiro, Urxa de Carlos Piñeiro e Continental de Xabier Villaverde. As tres primeiras cintas comerciais galegas encadradas no chamado proxecto Cine Galicia. Para conmemorar ese fito, o Cine Clube LAR DE UNTA proxectará o 19 de decembro Sempre Xonxa coa introducción do cineasta Marcos Nine que participará tamén do coloquio posterior.

En xaneiro, e en colaboración co Concello de Betanzos, o Lar de Unta ten programado o 1° ciclo adicado a Oliver Laxe coa proxección das tes películas premiadas en Cannes e unha das súas curtas. As proxeccións serán o 24 de Xaneiro no cine Alfonseti ‘Mimosas’, o 28 de Xaneiro no Lar de Unta ‘París#1’+ ‘O salvaxe leva o seu tempo’, o 30 de Xaneiro no Lar de Unta ‘Todos vós sodes capitáns’ e o 31 de Xaneiro no cine Alfonseti ‘O que arde’.
En tódolos filmes contaremos con convidados relacionados coas películas, entre eles Felipe Laxe, productor de Mimosas e Todos vós sodes Capitáns ou Amador Arias, protagonista de O que arde que estará na proxección e o coloquio o día 31.

O Cine Clube LAR DE UNTA proxecta desta maneira o mellor cine galego de antes e de hoxe, os precursores e os mellores éxitos actuais de Oliver Laxe nun ciclo único en Galicia e todas as proxeccións gratuitas.

O Cine Clube LAR DE UNTA, que comenzou hai tres meses a actividade con un notábel éxito de público, tenta recuperar o espírito dos cine clubes dos anos 70 e 80 coa participación nas proxeccións de persoas responsábeis dos filmes, directores, productores, actores ou especialistas da temática da película tanto para a presentación como para os coloquios posteriores aos pases.En cada sesión aspersoas asistentes atopan nos asentos unha ficha técnica coa sinopse e os principais datos do filme. Até obde agora, a depredación urbanística, as músicas do mar e a memoria histórica foron as temáticas das proxeccións.

Desde Decembro e Xaneiro, o Cine Clube LAR DE UNTA dará un salto cualitativo para a súa consolidación en Betanzos coa proxección dunha das principais cintas da história do cine galego, Sempre Xonxa e co ambicioso ciclo adicado á obra de Oliver Laxe por vez primeira en Galiza.

A posta en marcha do Cine Alfonseti e o nacimento deste cine clube convirten a Betanzos nunha cidade de cine onde ámbalas propostas, a intitucional e a asociativa deben convivir e colaborar como o van a facer no ciclo de Oliver Laxe para beneficio d@s betanceir@s.

Xantar de Nadal da Asociación Lar de Unta

Como todos os anos vaise organizar o tradicional xantar de Nadal por parte da Asociación Lar de Unta.

A celebración do mesmo será o día 15 de decembro no local da Asociación a partires das 14:00 horas,  e poderemos compartir un menú típicamente navideño sendo gratuito o convite para os socios á comida con viño estándar e os refrescos.

A data límite para apuntarse será o 9 de decembro de 2019 comunicándollo a calquera membro da xunta directiva ou a traverso do mail oficial lardeunta@lardeunta.org

Bo Nadal para todos e que o ano vindeiro sexa moito mellor para todos.

 

Cine Clube Lar de Unta: “CAMILO. O ULTIMO GUERRILLEIRO DE GALICIA”

O Cine Clube Lar de Unta programa para este mes a película CAMILO, O ÚLTIMO GUERRILLEIRO DE GALICIA.

Será na quinta feira, xoves 21 de novembro no LAR DE UNTA  rúa Pescadeía 3 de Betanzos e con entrada de balde.. Unha nova proposta de cinema de calidade feito en Galiza e coa posibilidade de interactuar con autores/as das obras audiovisuais. Neste caso un traballo de fin de carreira da UDC valorado con un sobresaínte e diversos prémios e excelentes valoracións da crítica.


O 21 estarán con  nós Alba Sánchez (Directora), José Pirola (fotografía) e Miguel García (Guionista) para o coloquio posterior ao pase da película.


Camilo: o último guerrilleiro de Galicia é un documental interactivo que expón a vida de Camilo de Dios, o último guerrilleiro que queda vivo en Galicia. A través da súa historia pretendemos recuperar a memoria histórica da guerrilla antifranquista: loitador da memoria e historia viva, Camilo é a única testemuña que pode dar voz a tantas e tantos que, coma el, arriscárono todo pola xustiza e a liberdade. Unha visión da história recente da posguerra e da represión franquista desde a visión dun dos protagonistas da loita contra a dictadura: Camilo de Dios.   Máis info en: www.oultimoguerrilleiro.com

Samaín no Lar de Unta

Atención o vindeiro día 1 de novembro celebramos o Samaín, podedes apuntarvos de  voluntarios para o obradoiro de cabazas ás 18.00 horas.

 

 

 

Esa noite como de costume  teremos no local o tradicional magosto con churrrasco a partires das 20: 30 horas.

Un saúdo a todos.

Conferencia : OS GALAICOS por André Pena Granha

CONFERENCIA: OS GALAICOS

 

O vindeiro Sábado 26 as 19.30 horas a Asociación gastronómica, cultural, xuvenil e deportiva LAR DE UNTA de Betanzos organiza a conferencia impartida polo historiador André Pena Granha sobre os Celtas en Galiza. A conferencia estará presentada polo profesor Bieito Lorenzo Penela do Lar de Unta.

 

PORAndré Pena Granha é Doutor en Arqueoloxía e Historia Antiga pola Universidade de Santiago de Compostela, desde 1987 traballa como historiador, arqueólogo e arquiveiro do concello de Narón. Isto permitiulle realizar o estudo, factográfico, inter e multidisciplinar, de longa duración, antes, durante, e logo da dominación romana dunha comarca: “A Terra de Trasancos”.

Foi secretario de organización de tres congresos internacionais Os Celtas da Europa Atlántica IIIIII; e, tamén secretario de organización do I Congreso del Instituto de Estudios Celtas Etnoarqueologia de los Celtas en Hispania;. Pena Graña é o actual decano do Instituto Galego de Estudos Célticos. Activo defensor da civilización celta, de Galicia como berce dos celtas da Europa atlántica, restaurou, con base epistémica, os estudos celtas eliminados en Galicia trala guerra civil.

A súa aproximación con metodoloxía inter e multidiscipliar á arqueoloxía e á etnografía, creou un novo método que permite identificar institucións na prehistoria, unha nova rama da arqueoloxía, que vén enriquecer as xa existentes, desenvolvida na súa tese doutoral Treba e Territorium, chamada por Venceslás Kruta “Arqueoloxía Institucional”. Ten colaborado tamén nos cadernos do Anuario Brigantino.

O profesor Pena é autor dunha extensa obra e numerosas publicacións tanto de estudos históricos da comarca de Ferrolterra como de importantes traballos arredor do celtismo editados en varios idiomas, do que é un dos máis importantes expertos a nível internacional.

Temos pois unha interesante conferencia sobre as orixes celtas dos galegos o próximo sábado ás 19:30 no Lar de Unta, rúa Pescadería 3, Betanzos. A entrada, de balde.

Esta web utiliza cookies. Podes ver aquí a Política de cookies. Se segues navegando aceptalas.    Ver
Privacidad