Día 21/02/2026 — 12:00 h
Local de Lar de Unta
Este día teremos con nós a Andoni Parras e Fernando Geijo, dous dos participantes no grupo de Conversas en Galego organizado pola Asociación Lar de Unta.
Ambolosdous falarán con nós do seu interese en aprender a nosa língua aínda que son criados fora da nosa terra, un en Valladolid e outro en Donosti.
Falaremos amigablemente de como un foráneo ve a situación do idioma, as dificultades para falalo no seu día a día e de como deron o paso de vir ao grupo de conversas en Betanzos.
Unha visión dende fora do noso idioma que nos fará comprender mellor a situación da língua no país.

No cineclube no mes de febreiro proxectaremos o documentario Fíos Fora. Neste documental de Illa Bufarda trátanse os fíos que moven o sector textil dende unha óptica afastada do triunfalismo e dando o punto de vista dos traballadores. Como sempre, a continuación faremos o habitual debate.
Como todos os anos celebraremos o Entroido na nosa asociación con unha programación propia así como na participación en todos os eventos que neste días acontecen en Betanzos
Estreamos nesta ocasión o filme de Carlos Amil, “A Casa da Luz” no Teatro Alfonsetti de Betanzos en colaboración co Concello de Betanzos.
Para inaugurar o ano 2026 temos con nós a tres das Pesquedellas que conforman este proxecto cultural que está a renovar a cultura betanceira e poñendo en valor a cultura propia dende un ponto de vista xove e renovado.
Se chegache hai pouco ao pais e queres aprender o noso idioma, se es galego e non te atreves a dar o paso de falar galego por non sentirte seguro ou ter medo a iniciarte, se sabes falalo pero queres practicalo mais a miúdo podes apuntarte a este grupo de conversas nas que falaremos de diversos temas cada semana nun ambienta agradable e tranquilo.
Neste mes o cineclube Lar de Unta proxecta o filme “Adeus Berta” en presenza dun representante da produtora Kraken Media.
Como todos os anos imos celebrar o vindeiro día 20 de decembro a Cea de Nadal para os socios da Asociación.
O vindeiro 14 de decembro, a partir das 16:30 horas, celebraremos no noso local un obradoiro para a realización de MAZAPÁN.
Tras o aprazamento do mes pasado, retomamos a conversa con Cosme Damián.