8M : Mulleres co Mundo na Cabeza

DIA 08/03/2023 —- 19.30 H

LOCAL DA ASOCIACIÓN

Para conmemorar o Día Internacional da Muller, dende a nosa asociación temos a ben facer unha edición especial do Cineclube así como unha charla coloquio coa escritora Graciela Rabuñal.

Proxectaremos o traballo de Encarna Otero “Mulleres co Mundo na Cabeza”

Graciela Rabuñal é filla de emigrantes galegos no Uruguai, e como bibliotecóloga y documentalista, Graciela Rabuñal recorreu distintos países exercendo a súa profesión. A cidade de Montevideo, Venezuela e o  continente africano foron os lugares que mais a marcaron. Actualmente reside en Arteixo alonxada das súas actividade laborais, escribe poesía e relatos. Ademais dende 2019 forma parte do grupo literario Nómadas do verso”.

 

Cineclube: Especial Entroido – “Os Mecos de Roca” e “Os Corpos”

Cineclube Lar de Unta : Especial Entroido

Día 16/02/2023 — 20:00 h

Local do Lar de Unta

Con motivo do Entroido, o cineclube lar de Unta presenta unha dobre sesión proxectando o filme “Os Mecos de Roca” de Xosé Arias e Pepe Saavedra ás 20:00 horas e a continuación “Os Corpos” de Eloy Domínguez Serén.

Esperamos que gostedes da programación especial.

Xosé Arias é un dos grandes activistas da Asociación Cultural Xermolos de Guitiriz, autor do filme CINE TOMÉ unha raiolada en Guitiriz e tamén de OS MECOS DE ROCA sobre un Antroido tradicional chairego.

Emi Cagiao é a principal responsabel da recuperación do Antroido de Samede En Paderne e autora dun libro sobre este Antroido.

 

Eloy Domínguez Serén naceu en Simes (Galicia) en 1985. Estudou en Salamanca, Milán e Barcelona onde se licenciou en 2010. Antes de comezar a súa carreira como cineasta, traballou como crítico de cine para radio e prensa, chegando a ser membro de o Xurado Mozo da 67a Bienal de Venecia en 2010. En 2012 emigrou a Suecia, onde realizou a súa curtametraxe PETTRING. En 2014 realizou dous novos proxectos, a curtametraxe I DEN NYA HIMLEN (estreada no Festival de Cine de Estocolmo) e o mediometraxe JET LAG (programado no FID Marsella, Festival de Cine Europeo de Sevilla, Doc’s Kingdom e Lussas, entre outros).

A súa película INGEN KO PÅ ISEN estreouse en abril de 2015 en Visions du Réél e estivo programada en Mar del Plata, Lussas, Sevilla ou L’Alternativa, entre outras, mentres que os seus traballos máis recentes, a curtametraxe YELLOW BRICK ROAD, estreouse na Jihlava. Festival Internacional de Cine Documental o pasado mes de outubro. Actualmente traballa na posprodución de MIDVINTER, unha produción norueguesa rodada no Círculo Polar Ártico.

Entroido 2023: Cea Cocido de Entroido

Dia 20/03/2023 — 21:30 h.

Local de Lar de Unta

Cea Cocido de Entroido

Como ven sendo tradicional a Asociación Lar de Unta ven de organizar a cea de cocido de Entroido.  O evento celebrarase o luns día 20 de febreiro ás 21.30 horas no local da Asociación sito en Rúa Pescadería.

Será “obrigado” ir disfrazado habendo un premio ao mellor traxe da noite (un chupiño de licor café).

O cocido será aberto a socios e gratuído. Poderánse apunta a traverso das canles oficiais da asociación.

Contamos coa vosa presenza.

A directiva de Lar de Unta

Entroido 2023 : Obradoiro de Filloas

Día 19/02/2023 – — 18:30 horas

Local de Lar de Unta

Obradoiro de Filloas

Dentro dos actos do Entroido, Lar de Unta ten a ben organizar un obradoiro de feitura de Filloas.

Aprenderemos a facer o almoado tradicional para facer unha ricas filloas.

Utilizaremos unha filloeira de 5 unidades tradicional.

Faremos a proba da filloa para comprobar que saíron perfectas.

Esta acto está aberto a todos aqueles que queiran participar e pasar unha agradable noite de inverno.

Contamos contigo.

A dirección de Lar de Unta

Paulo Maestro presenta o seu poemario “Pensamientos de Escarabajo”

Paulo Maestro presenta o seu libro “Pensamientos de Escarabajo”

Día 04/02/2023 — 19:00 h

O polifacético Paulo Maestro presentará o día 04 de febreiro no noso local o seu libro “Pensamientos de Escarabajo”.

Este acto suporá a presentación en Betanzos do seu poemario e iniciamos co mesmo as presentacións de libros no noso local neste ano 2023.

Esperamos que sexa do agrado de todos os presente

Cineclube: “Santoalla”, o documental que anticipou a “As Bestas”

CINECLUBE LAR DE UNTA: SANTOALLA

DIA 26/01/2023 — 19:30 h. Local de Lar de Unta

Lar de Unta ten a ben estrear a programación do cineclube coa proxección do  documental “Santoalla”, de actualidade ao contar a mesma historia que a afamada “As Bestas” (nominada a 17 Goyas da Academia de Cine Español) . Posteriormente contaremos cun coloquio coa presenza da produtora Cristina de la Torre.

O documental Santoalla é unha produción dirixida por Andrew Becker e Daniel Mehrer que se estreou no ano 2016. Está centrado na vida dos veciños dun pequeno pobo galego chamado Santoalla.

O documental conta a historia de José María e Manuela, un matrimonio de veciños que viven xunto ao seu fillo na aldea de Santoalla. Durantecadas, a relación entre o matrimonio e os seus veciños é pacífica, pero isto cambia cando un novo veciño chega ao pobo. A partir deste momento, a relación entre José María e os seus veciños comeza a deteriorarse paulatinamente.

Concerto de Nadal polo 200 aniversario de Antolín Faraldo

Día 29/12/2022 — Xoves

Como peche do Ano Antolín Faraldo a Asociación Lar de Unta ten a ben organizar un pequeno e sinxelo acto de homenaxe a este persoeiro da nosa vila que tanto impacto tivo no devir da nosa terra.

As 18:00 horas realizaremos unha pequena ofrenda floral no monumento a Antolín Faraldo.

Mais tarde, ás 19:00 horas faremos un pequeno concerto de música folk cos integrandes do grupo “Os Gaiteiriños” que realizarán unha actuación no noso local de Rúa Pescadería.

As 20.00 horas tomaremos un viño galego con D.O. a escote a un prezo especial de 1 euro entre os presentes.

O acto é libre ata completar aforo.

Cineclube Lar de Unta: “Cine Tomé” con Camelia Iglesias e Xosé A. Arias

Xoves 15/12/2022 — As 20.00 horas

Local do Lar de Unta

Cineclube Lar de Unta proxectará o vindeiro día 15/12/2022 o documental “Cine Tomé” ás 20.00 horas.

   Cine Tomé, unha raiolada en Guitiriz, é  unha peza que nos seus 50 minutos de duración debulla o que significou o cine para o pobo a través das testemuñas de case unha decena de persoas, lembrando sucesos, anécdotas, películas… e aproveitando para botarlle tamén unha ollada á propia historia da sétima arte.

   Posteriormente teremos un colóquio cos realizadoras Camelia Iglesias e Xosé Antonio Tomé.

Visita ao Museo das Mariñas e charla sobre “Carlos López García-Picos no seu 100 aniversario”

Día 27/11/2022 — 11:00 h. Local Lar de Unta. Charla Introdutoria. “A figura de Carlos López García-Picos no seu 100 aniversario”, por Angel Arcay Barral (Director da Biblioteca, Arquivo e Museo das Mariñas).

11:45 h. Museo das Mariñas. Visita guiada por Angel Arcay (grupo limitado de 20 persoas).

O vindeiro día 27, domingo, a Asociación Lar de Unta organiza, dentro da súa programación de actos unha visita ao Museo das Mariñas.

O acto consiste nunha pequena introdución sobre a figura de Carlos López García-Picos, para a continuación realizar unha visita ao Museo das Mariñas.

En ambos os actos contaremos coa presenza do historiador e director do Museo das Mariñas, Angel Arcay Barral, quen nos ilustrará sobre todos os detalles sobre o Betanzos da época así como nos guiará polas diversas salas do museo.

A visita está acotada a un máximo de 20 persoas. Os socios terán preferencia de apuntamento ata o sábado ás 22.00 horas.

Entregado o premio do III Concurso de Relato Curto Samaín 2022

O III concurso literario de relato curto Samaín 2022 organizado pola Asociación Lar de Unta de Betanzos, entregou o premio nas súas categorías infantís e adultos o pasado sábado día 19 de novembro de 2022.

Os premidados nesta ocasión foron Daniel Seixo Paz polo relato “Cousas do viño” e o rapaz Alfonso Regueiro polo relato “Restaurante Familia”.

O premio consisteu nun lote de libros que foron entregados nun sinxelo acto pola presidenta da Asociación Noelia Pérez, e contando coa presenza doutros membros  da directiva como Xabier Doporto.

Esta web utiliza cookies. Podes ver aquí a Política de cookies. Se segues navegando aceptalas.    Ver
Privacidad