Xosé Ramón Pena presenta o seu libro “En tempo de desconto en Betanzos”

Día 07/06/2022

hora: 18:30 h. Visita ao Lar de Unta. Local da Asociación.

hora: 19:30 h. Presentación Oficial en Betanzos do libro “En tempo de desconto”. Libraría Biblos.

O vindeiro martes día 07 de xuño de 2022, a Asociación Lar de Unta, ten a ben organizar  a visita do escritor betanceiro Xosé Ramón Pena quen presentará o seu novo libro “En tempo de desconto”.

O acto comezará cunha visita á nosa Asociación ás 18:30 horas, á cal estarán convidados todos as socias que queiran asistir. O escritor procederá á entrega e sinatura da súa nova obra adicada ao Lar de Unta, cunha breve presentación.

Posteriormente ás 19:30 horas, no local da libraría Biblos, procederase á presentación oficinal na nosa vila da obra “En tempo de desconto”, presentando o acto a nosa socia Chus Ansede, contando co propio autor así como coa directora comercial de editorial Galaxia, Tati Mancebo.

EN TEMPO DE DESCONTO

Este libro de relatos é un mollo de historias que poderían ser en si mesmas partes dunha novela que as transita e atravesa e onde os personaxes, atrapados na vida, atropelados por ela, gobernan como mellor poden o seu destino. Coma as vías dun tren que nos leva, pero que non se sabe cara a onde, os que viven nestas historias veranse guiados por horizontes sorprendentes e inesperados que lles farán aceptar derrotas, gañar batallas e, en definitiva, vivir. Xosé Ramón Pena fainos viaxar, ademais, por un pasado posible, non por ficcionado menos verdadeiro. Un libro perfecto nos seus tempos, no soño ao que nos convida e polo xogo que, palabra a palabra, maxia da linguaxe, nos propón e nos reta. Un libro magnífico.

 

 

Letras Galegas 2022 – Moncho Bouzas e “Argonauta”

DIA 21/05/2022 – 20:00 h. Presentación Libro

O noso socio Moncho Bouzas, presentará o seu libro de poemas “Argonauta” (ed. Medulia, 2022) ás 20:00 horas.

O evento estará presentado por María Pereira e contará coa presenza de Antón de Guizán.  No acto disfrutaremos da lectura dos versos do noso socio e aclararanos o sentido do poemario e o seu posicionamento dentro da obra do autor.

 

ARGONAUTA

Cuns contidos fundamentalmente de temática mariñeira, e en grande parte vinculada ás súas terras de Esteiro, o libro conta con unha fermosa portada da tamén muradana Amália Costa Bouzas, ilustracións de Enrique Fernández e fotografías interiores do científico Xurxo Mariño.

Letras Galegas – 2022 – Cineclube Lar de Unta – Decreto Filgueira

Día 19/05/2022 – 20:00 h Cineclube – Decreto Filgueira

O día 19/05/2022 visionaremos o video “Decreto Filgueira” contando coa presenza de Xosé María Monterroso, membro fundador de AGAL e ex-presidente da AC O Facho da Coruña.

Posteriormente desenvolverase un coloquio entre os presentes sobre a situación da língua no presente.

O documental repasa os diferentes posicionamentos lingüísticos e as formulacións normativas que cada un deles xerou desde que en 1970 Carvalho Calero sacara as primeiras Normas Ortográficas do Idioma Galega da Real Academia Galega e que forn asumidas como proias polo mundo de Galaxia. E explica tamén as discusións, debates e mesmo negociacións entre duas propostas “dissidentes que acabariam por tornar-se irreconciliáveis”: a autonomista, aglutinada arredor do Instituto da Lingua Galega (ILG) e a reintegraconista, que se foi nucleando arredor do propio Carvalho Calero, que a cada paso asumía posturas máis lusistas.

VER “DECRETO FILGUEIRA”

 

 

Lar das Letras 2022 – Emilio Gurriarán

Lar de Unta dende a súa fundación ten un política militante coa defensa e promoción da nosa Língua.

Nesta ano 2022 organizamos dous actos que nos reafirman nese compromiso.

Día 19/05/2022 ás 20:00 h.  Xoves

Proxección do documental “DECRETO FILGUEIRA” que versa sobre o proceso de normativización do noso idioma nos albores da autonomía galega dos anos oitenta. Posteriormente celebrarase un coloquio sobre o asunto contando coa presenza de Xosé María Monterroso.

Día 21/05/2022 ás 20:00 h. Sábado

 

O noso socio Moncho Bouzas, presentará o seu libro de poemas “Argonauta” (ed. Medulia, 2022) ás 20:00 horas.

Cuns contidos fundamentalmente de temática mariñeira, e en grande parte vinculada ás súas terras de Esteiro, o libro conta con unha fermosa portada da tamén muradana Amália Costa Bouzas, ilustracións de Enrique Fernández e fotografías interiores do científico Xurxo Mariño.

Viñofolk no Lar de Unta con A Fuliada e Pagos de Brigante

DIA 7/5/2022  VIÑOFOLK NO LAR DE UNTA

ADEGA: PAGOS DE BRIGANTE

GRUPO: A FULIADA

20:00 h. PRESENTACIÓN DA ADEGA PAGOS DE BRIGANTE

21:00 h. VIÑOFOLK CON PAGOS DE BRIGANTE E A FULIADA.

Voltamos co Viñofolk tras o parón provocado pola pandemia.

Nesta ocasión teremos con nós á Adega Pagos de Brigante, criada no ano 2020 por Luis Sande e familia, é unha das que na actulidade mais está a apostar polo Denominación Xeográfica Protexida Terra de Betanzos.

 

Ás 20.00 horas, Luis Sande, presentaranos a aposta da súa adega polo noso viño, o seu presente e o seus proxectos de futuro, así como unha pequena explicación dos seus principais caldos postos no mercado na actualidade.

 

As 21.00 horas comezaremos o Viñofolk coa presenza dos viños da Adega Pagos de Brigante e contaremos co grupo folk A Fuliada . Este grupo folk de Betanzos amenizará como sempre ao longo da noite diversos intres da velada coa súa música.

Como sempre, a comida correrá por conta doa xente que participe, e a garrafa de viño venderase ao prezo posto polo adegueiro cun donativo engadido de 1 euro para agasallar aos músicos.

O aforo será de 50 persoas incluídos os músicos e os invitados da adega.  Os socios poderán apuntarse por riguroso orde de apuntamento ata o día 4 de maio. Posteriormente abriremos o evento a persoas alleas á asociación.

 

 

Carlos Taibo no Lar de Unta presentando o seu libro “Rusia frente a Ucrania”

Día 30/04/2022 – 20:00 h –  Local Lar de Unta

PRESENTACIÓN DO LIBRO: “RUSIA FRENTE A UCRANIA. IMPERIOS, PUEBLOS, ENERGÍA” de CARLOS TAIBO

O vindeiro sábado día 30 de abril, Carlos Taibo, presentará o seu libro “Rusia frente a Ucrania. Imperios, pueblos, energía”. O evento comezará ás 20.00 horas do serán, estando aberto o acceso ata completar aforo.

Carlos Taibo

Carlos Taibo era profesor titular de Ciencia Política e da Administración na Universidade Autónoma de Madrid. É firme partidario do movemento antiglobalización, do decrecemento, da democracia directa e do anarquismo. Afirma que «a globalización avanza cara a un caos que escapa a todo control».  É membro do consello editorial de Sin Permiso desde a súa fundación en 2006 e ten publicado artigos en varios medios, como Público

É autor de máis de trinta libros en castelán e galego, moitos deles relativos ás transicións na Europa central e oriental e temas xeopolíticos de interese xeral. Os seus libros sobre o decrecemento contan con varias reedicións.

Rusia frente a Ucrania

Neste libro, Carlos Taibo, trata as claves fundamentais das tensións entre Ucraína e Rusia, coas potencias occidentais nun segundo plano. Con vocación pedagóxica, pero tamén co obxectivo de dar resposta a boa parte do discurso que ofrecen os nosos medios, este libro pretende analizar o fundamental claves desas tensións. A este respecto, sopesa a condición contemporánea dos dous países, a crise ucraína de principios de 2014 e as diferentes tramas que se revelaron en Crimea e no leste de Ucraína. Ao mesmo tempo, achega unha reflexión crítica sobre o papel que en todo o anterior corresponde a Estados Unidos, a Unión Europea e a propia Rusia.

Cineclube Lar de Unta: “Ocupación SA” con Daniel Seixo

XOVES 21/04/2022 CINECLUBE LAR DE UNTA

“OCUPACIÓN SA” (2020) de Laura Daudén  e Sebastián Ruiz Cabrera

O Vindeiro xoves 21 a Asociación Lar de Unta de Betanzos ven de organizar un pequeno evento para orientarnos sobre o que está a acontecer no Sáhara tras a traición do goberno español aos seus compromisos internacionais para cos habitantes deste territorio e sendo rexeitado recentemente no parlamento español.  Proxectaremos o documental “Ocupación SA” e posteriormente

celebraremos un coloquio aberto a todos os participantes con Daniel Seixo, sociólogo e xornalista, así como membro do Colectivo Mar de Lumes.

 

SINOPSIS

Ocupación S.A. (2020) é o retrato dunha traición. Cun enfoque minucioso e inédito, o documental expón os nomes e apelidos dos empresarios e políticos españois involucrados na explotación económica do Sáhara Occidental, a última colonia de Africa e un dos territorios mais violentos, militarizados e censurados do mundo.

As testemuñas recollidas neste documental tamén revelan a cadea de silencios e mentiras que empeza nos centros de poder europeos e remata nas cidades ocupadas por Marrocos, onde mulleres e homes saharauis resiste á pillaxe e á negación dos seus dereitos.

España/Brasil, 2020  Documental – 40’

Dirección | Laura Daudén  y Sebastián Ruiz Cabrera

Cineclube Lar de Unta. Documental “Ucraíña en chamas” de Oliver Stone

LOCAL DO LAR DE UNTA

XOVES31/03/2022  19:30 horas

A asociación Lar de Unta, de cara a profundizar na problemática e comprensión do que está a ocorrer en Ucraíña, ten a ben proxectar o documental do afamado director norteamericano Oliver Stone en versión orixinal subtitulada.

Como ponente para o posterior debate contaremos con Xoan Antón Pérez Lema, advogado e columnista en diversos medios de comunicación galegos.

Sobre o documental

Oliver Stone non é novo no cine político e documental. En “Ukraine on Fire”, este coñecido director de cine estadounidense conta o que cre que provocou a dramática crise ucraína. Non son só factores que teñen que ver co presente. A súa xestación e desenvolvemento están intimamente ligados, tamén ao pasado, a un pasado sanguento.

Entre as persoas que Oliver Stone entrevistou no seu documental están o expresidente de Ucraína, Viktor Yanukovich; Vladimir Putin, e tamén o exministro do Interior de Ucraína, Vitali Zajárchenko.

Desde 2004 converteuse nun sanguento campo de batalla entre a OTAN e Rusia. Ao longo do documental vanse aclarando pouco a pouco moitas das dúbidas que xorden sobre unha Ucraína, de cuxa historia tiñamos poucas noticias. Se queres saber en que consistiron realmente os motivos dos litixios neste punto candente da Europa actual, non deixes de ver con atención o documental que estamos encantados de ofrecerche.

Asemblea Xeral Ordinaria 2022

Día 27/03/2022 – 11:00 h.

LOCAL DA ASOCIACIÓN – RUA DA PESCADERIA 3

Conforme aos estatutos da Asociación, a presidenta, Noelia L. Pérez Longueira, procede a convoar a Asemblea Xeral Ordinaria do ano 2022.

Esta terá lugar no local da Asociación o domingo 27/03/2022 sito en rúa da Pescadería, ás 11:00 h. en primeira convocatoria e ás 11:30 h en segunda.

A orde do día será:

1.- Lectura e aprobación da acta anterior.

2.- Plan de Actividades

3.- Memoria de Actividades.

4.- Balance de Contas do ano 2021.

5.- Orzamento do ano 2022

6.- Rogos e preguntas.

En Betanzos, a 19 de febreiro de 2022

2022-02 Convocatoria Asemblea Anual

Cineclube Lar de Unta con Marcos Nine e “Virxe Roxa” o día 3 de marzo de 2022

Día 03/03/2022 – 20:00 h. – CINECLUBE LAR DE UNTA

Proxección do documental “A VIRXE ROXA” dirixido por Marcos Nine.

O director Marcos Nine, persoalmente, apresenta en Betanzos e na asociación Lar de Unta o seu premiado documental “A Virxe Roxa”.

 “A virxe roxa” ven de gañar o premio ó Mellor filme documental no Blackboard International Film Festival na India e foi finalista nos prémios Mestre Mateo para mellor documental e mellor montaxe.

“A virxe roxa”, documental dirixido por Marcos Nine, é unha produción de Recrea Filmes.

Sinopse: En 1933 Aurora Rodríguez mata a tiros á súa propia filla Hildegart, mentres esta durmía. A moza, con só dezaoito anos, era unha da feministas máis destacadas da Segunda República Española. Pero tamén era un produto perfectamente calculado e deseñado pola súa nai para que fose a liberadora da muller. Os plans de Aurora non saíron como estaba previsto.

Esta web utiliza cookies. Podes ver aquí a Política de cookies. Se segues navegando aceptalas.    Ver
Privacidad