Samain 2020: Alfonso Regueiro e Xabier Gayoso premiados no I Concurso Relato Curto Lar de Unta

O pasado día 31/10/2020 fallouse o I Concurso de Relato Curto Samaín 2020 organizado pola Asociación Lar de Unta de Betanzos.

Os premiados foron Alfonso Regueiro Fontenla na categoría A (menores de 16) e Xabier Gayoso na categoría B (adultos). Podemos acceder a cada un dos relatos gañadores no seguinte enlace:

Categoría A: Menores de 16

Premiado: Alfonso Regueiro Fontela. Socio do Lar de Unta de 13 anos.

Polo relato curto Lar de Unta – A noite de Samaín – Alfonso Regueiro

Categoría B: Adultos

Premiado: Xabier Gayoso . Autor bergondés de 39 anos. Xabi Longueirón

Polo relato curto Lar de Unta – O QUE HAI QUE FACER PARA RECUPERAR O SAMAÍN – Xabier Gayoso

A velada transcurreu con tranquilidade e adaptada ás limitacións estipuladas pola Xunta de Galicia por mor da pandemia de coronavirus, tras a entrega do premio por parte da responsable de cultura, Ana Penín, visualizouse a fantástica película O Apóstolo, con  presentación do responsable do Cineclube Lar de Unta, Antón Tenreiro, e grande recoñecemento por parte dos presentes.

 

Adxuntamos unha galería de fotos do evento.

   

 

SAMAÍN 2020

Neste ano 2020 e ante toda a problemática provocada polo COVID19, a Asociación Lar de Unta vai mudar a celebracion do tradicional Samain. Se habitualmente celebrábamos un obradoiro de Cabazas para os mais pequenos, o pasarrúas pola zona vella  e unha festa popular, imos pasar a facer uns actos diferentes pero cremos que moi atractivos.

  1. Concurso de Relato Curto.

A Asociación Lar de Unta ten a ben convocar un concurso literario que se ceñirá ás seguintes bases:

2020-10 Samain – bases concurso relatos

Poderanse presentar orixinais en dúas categorías ata o venres 30/10/2020.

Procederase á entrega dos premios o sábado día 31/10/2020 ás 19:00 horas.

  1. Proxeción da película O APOSTOLO  a traverso do noso Cineclube.

Sábado día 31/10/2020 ás 20.00 horas.

Coñecer Galicia – Os Peares e Cañón do Sil 9 a 12 de Outubro

A excursión do programa Coñecer Galicia deste ano sería a Os Peares (aloxamento no Centro de Inmersión Lingüística) que se encontra cerca da Ribeira Sacra .
Este centro e grande ,con habitacions de 4 e de 2 ,con baño individual cada unha. As habitacions non teñen Cociña.
Iríamos no mes de Outubro,os días 9,10,11,e voltariamos o día 12.
Cada un iría no seu coche ,ou en grupo.
Fariamos saídas curtas e comeríamos nos Peares. (Almorzos,comidas e ceas serían nese centro).
Visita ao Mosteiro, posible ida no Catamarán pola Ribeira do Sil e facer pequenas excursions .
Podemos decidir mais cousas dependendo do número de xente .(e sempre que podamos realízala ).
O Prezo da excursión serán 40 euros , os pequenos a metade.
Todo se realizará dentro das prevencións polo COVID.

Para apuntarse tedes de prazo ata o Venres 25 de Septembro.

Moitas Grazas a tod@s.

VOLVE O CINE AO LAR DE UNTA 24/09/2020 “Entrar aos Vilares”

Despois de varios meses de suspensión de actividades a causa da pandémia do COVID 19, o Cine Clube LAR DE UNTA retoma as proxeccións o próximo xoves 24 de setembro ás 20:00 co filme ENTRAR AOS VILARES de Cibrán Tenreiro. A película foi finalista en tres categorías da #12MICE Mostra Internacional de Cinema Etnográfico. O filme mostra a experiencia e sensacións de tres mozos que non naceron na aldea nin coñecen o lugar ao entrar na parroquia do poeta Díaz Castro, nos Vilares de Guitiriz cando lles encargan realizar un documental sobre a aldea do poeta.

Unha introspección no rural onde os paisanos se convirten nos protagonistas da narración da súa propia história, costumes, relacións, vivencias…

Entrar aos Vilares ten acadado un notábel éxito e se ten proxectado en máis de 70 lugares por toda Galicia.

Este filme será editado o próximo mes en DVD acompañando o libro ‘Lareira de soños’ de Pastora Veres, de Edicións Fervenza. Ao remate da proxección, como é habitual, terá lugar un coloquio con responsabeis da producción do filme.

O acto adaptarase a tódalas normas do COVID 19, limitación de aforo (20 persoas), uso obrigatorio de mascariña, distancias de seguridade e control de asistentes. A entrada é de balde.

Amaño do Tellado

Estimados socios, como ben sabedes, aproveitamos a Pandemia para proceder ao saneamento do tellado do Local tras as goteiras e entradas de auga que sufrimos durante o inverno.

A obra está amparada tras a petición e concesión da pertinente licencia e poidose desenvolver con total normalidade.

Queremos compartir con todos o estado no que estaba anteriormente así como a situación na que quedou. Destacamos que logramos reutilizar gran parte das tellas vellas que tíñamos e que estaban en óptimo estado o que supuxo un grande aforro.

Protocolo Uso do Local na Nova Normalidade

Bos días a todos e todas,

Temos a ben facer público o protocolo de uso do local no proceso de Nova Normalidade.

2020-07 Lar – protocolo nova normalidade

Como datos mais importantes están:

  • Aforo reducido a un máximo de 30 usuarios simultáneamente
  • Aplicación do protocolo de limpeza con carácter estricto de xeito que o seu incumplimento pode dar lugar ás sancións recollidas no Regulamento de Uso do local e nos Estatutos da Asociación.
  • A persoa responsable de cada utilización terá que levar un rexistro dos usuarios do local.

Esperemos que pronto pase esta situación e que mentras poidamos normalizar un tanto a actividade da Asociación.

A Dirección.

Convocatoria de Asemblea Xeral – 5 de xullo de 2020

O día 5 de Xullo terá lugar a Asamblea Xeral Ordinaria da Asociación Lar de Unta.

A mail temos enviado a convocatoria,os datos económicos do ano pasado e o documento para o voto delegado por si alguén non pode asistir.

A orde do día será:

1.- Aprobación da Acta Anterior

2.- Comunicar Altas e Baixas de Socios

3.- Informar das actividades realizadas no ano 2019

4.- Ingresos e Gastos do ano 2019

5.- Rogos e preguntas

Tera lugar no local da Asocicion o día 05/07/2020 ás 10.30 horas en primeira convocatoria e ás 11.00 horas en segunda convocatoria.

Moitas Grazas a todos

Noelia Luisa Pérez Longueira.

0_Convocatoria Ordinaria da Asambleab (1)

2020-01 Impreso de Delegación de Voto

Xornadas de Limpeza do Local

Co motivo do peche do Local con motivo do Covid19 así como pola realización das obras de amaño do tellado, estímase imprescindible a realiación dunha limpeza xeral.

Polo tanto convócase aos soci@s da Asociación a colaborara na limpeza do local nas seguintes datas:

Día 26/06/2020 Venrres – 19.00 h

Día 27/06/2020 Sábado – 19.00 h

Día 04/07/2020 Sábado – 19.00 h.

Esperamos contar coa túa presenza.

Protocolo Desescalada Lar de Unta

PROTOCOLO DESESCALADA

2020-05 Lar – protocolo desescalada

Dende a directiva da Asociación, e co ánimo de ordear o proceso de comezo de uso do local tras a implantación do estado de alarma, temos a ben mandar un pequeno protocolo de desescalada para que todos teñamos en conta unhas condicións mínimas de utilización dos espazos de Lar de Unta.

Este protocolo será publicado asimesmo na páxina web, sección de documento, para a súa consulta por calquera socio en todo momento.

O noso local está incluído nas Salas Culturais de Usos Múltiples polo cal é de aplicación o disposto para a fase 2 de desescalada. As indicacións que se propoñen estarán ao dispor das normas que en cada momento sexan dictadas polo administración polo que pode haber cambios que se recollerán na oportunda modificación no protocolo e que se poderá consultar na páxina web.

Tal e como comentamos no seu día, temos aproveitado o periodo de cuarentena para o saneamento e reparación do tellado polo cal, ata que finalicen as obras e se proceda á súa limpeza non se podería utilizar o local principal. A finalización das mesmas poñerase en coñecemento dos socios no seu momento.

Recibide un cordial saúdo e calquera cuestión no dubidedes en poñervos en contacto con nós.

A DIRECTIVA DE LAR DE UNTA

SELECCIÓN CARVALHO CALERO

DIA 21 / 11 / 2020 – LOCAL DO LAR DE UNTA: HOMENAXE A RICARDO CARVALHO CALERO 

CERNA DE CARVALHO… CARVALHO CALERO

A asociación Lar de Unta, co ánimo de non deixar pasar este ano sen facer unha homenaxe a don Ricardo Carvalho Calero, ten a ben organizar unha xornada de divulgación da súa figura e de debate sobre a situación do galego e o seu futuro.

18:30 Ofrenda a Ricardo Carvalho no adro de Santa María de Betanzos

19:00 Proxeción do filem “O Decreto Filgueira”.

19:30 Coloquio entre os ponentes Dores Cao (profesora no IES As Mariñas) e Ramiro Vidal Alvarinho (escritor e activista cultural), desentrañando as diferentes posturas sobre o camiño que ten que tomar a nosa língua en realación coa súa norma oficial.

Como sempre o acto está limitado a 20 persoas e deberán gardarse as limitacións da actual pandemia (máscara e distancia de seguridade). Poderase reservar con antelación a traverso do mail oficial ( lardeunta@lardeunta.org ) e no Was de socios.

 

———————————————————-

DIA 17/05/2020

Co ánimo de difundir a figura de Ricardo Carvalho Calero e grazas á labor da AGAL como catalizador de todas as homenaxes e da criazón da páxina Carvalho2020.gal , temos a ben reproducir aquí a selección de documentarios seleccionadas nesa páxina con ánimo da súa divulgación.

Carvalho Calero vs. Filgueira Valverde

DECRETO FILGUEIRA

CARVALHO CALERO, A POSIBILIDADE DE RECTIFICAR A HISTORIA

CARVALHO CALERO. AUTODETERMINAÇOM, LINGUA, ESPERANÇA

O PORVIR DA LÍNGUA

Esta web utiliza cookies. Podes ver aquí a Política de cookies. Se segues navegando aceptalas.    Ver
Privacidad