Cineclube: “Eyes Wide Shut” de Kubrick

Mércores 24/04/2024 — 19:00 h

Local de Lar de Unta

Continuamos co ciclo de cinema polo 25 aniversario do Lar de Unta co último  filme de Stanley Kubrik “Eyes Wide Shut”, presentado en 1999, ano da morte do director.

Tras o mesmo celebraremos o habitual coloquio e lembraremos a figura do director, un dos posuidores dunha filmografía mais consistente da historia do cinema do século XX.

Eyes Wide Shut é un filme británico estadounidense de 1999, dirixido, producido e coescrito por  Stanley Kubrick (1928-1999). Baséase na novela Traumnovelle, escrita en 1926 por Arthur Schnitzler. É un drama psicolóxico de misterio e erótico que conta as aventuras sexuais do doutor Bill Harford, quen queda moi impactado cando a súa muller Alice lle revela que pensara en ter unha aventura o ano anterior. O doutor Harford comeza unha aventura nocturna, durante a cal se infiltra nunha orxía enmascarada levada a cabo por unha sociedade secreta sen nome.

Kubrick obtivo os dereitos da rodaxe de Traumnovelle na década de 1960, considerando o texto como perfecto para unha adaptación sobre as relacións sexuais. Reviviu o proxecto na década de 1990 cando contratou ao guionista Frederic Raphael para que o axudase na adaptación. O filme, que foi maioritariamente rodado no Reino Unido, conta cunha detallada recreación do exterior da rúa Greenwich Village, a cal foi desenvolvida en Pinewood Studios. A produción do filme, de 400 días, ten o récord Guinness do mundo como a máis longa rodaxe continua dun filme.

Cineclube: A Milla Verde

10/04/2024  — 19:00 h.

Local de Lar de Unta

O día 10 de abril proxectaremos no cineclube a película A Milla Verde (The Green Mile).  A continuación celebraremos o acostumado coloquio.

Esta proxección enmarcase na programación especial que o cineclube está a realizar con películas estreadas en 1999 e que en 2024 cumpren 25 anos.

A milla verde (The Green Mile) é un filme estadounidense  dirixido por Frank Darabont que se estreou en 1999. Está baseada na novela do mesmo título de Stephen King escrita en 1996.  O filme está contado en modo de flashback e está protagonizado por Tom Hanks, que interpreta a Paul Edgecomb, e por  Michael Clarke Duncan como John Coffey. A historia trata sobre a vida de Paul como funcionario de prisións no corredor da morte durante a Gran Depresión nos Estados Unidos, e os eventos sobrenaturais dos que é testemuña. O filme foi nomeado a catro Premios Oscar.

Sinopse

Nun lugar do sur dos USA, en plena Depresión, Paul Edgecomb é un funcionario de prisións encargado de vixiar a Milla Verde, un corredor que separa as celas dos presos condenados á cadeira eléctrica. John Coffey, un xigantesco afroamericano acusado de asasinar brutalmente a dúas irmás de nove anos está agardando a súa inminente execución. Tras unha personalidade inxenua e infantil, Coffey agocha un prodixioso don sobrenatural. Cando se presenta a ocasión de poñelo en práctica, Edgecomb aprenderá que os milagres existen, mesmo nos lugares máis insospeitados.

José Vázquez Liste presenta “Poematizar”

Día 06/04/2024 — 19:00 h

Asociación Lar de Unta

O poeta JOSÉ VÁZQUEZ LISTE presenta a súa obra “Poematizar” en Betanzos.

A Asociación Lar de Unta organiza a presentación desta obra de José Vázquez Liste e que contará ademais coa presenza de ANTON LAIA,
mestre e poeta, e INMA DOVAL, pintora e poeta, nunha velada na que recitaremos os versos .

Poematizar é un poemario que xorde doutros versos escollidos de diferentes autores de fonda significación para a cultura galega. Ao longo dos trinta textos poéticos que conforman este libro, revisamos o legado da poesía dende a tradición lírica medieval até a obra da última gañadora do Premio Nacional de Poesía, a poeta Yolanda Castaño.

O esplendor artístico da poética galega perdura dende séculos inspirando e acompañando o noso sentir díario. Así nace Poematizar, ao abeiro das verbas e herdanza de, entre outros, Manoel Antonio, Olga Novo ou Luz Campello, xunguidos todas eles a nós por elementos comúns que perduran e nos representan ao longo do tempo como sinal de identidade cultural.

Poematizar rende tributo aos bardos de onte e hoxe, voces inmortais, universais e necesarias para a comunidade e a alma.

Pecha o poemario un soneto de Manuel María como símbolo da terra, do mar e da luz que nos aluma en tempos de escuridade.

Gastronomía: Gran Tripada

27/04/2024 — 14:30 h

GRAN TRIPADA

A Asociación Lar de Unta organiza para o vindeiro mes de abril unha gran tripada aberta a socios (con preferencia)  e non socios.

O aforo máximo como sempre, será de 50 persoas.

O custo será de 9 euros por persoa e as datas límite para apuntarse será o 05 de abril de 2024 (non socios ata o 12/04/2024 en caso de haber prazas). Poderá facerse o apuntamento polas canles habituais (mail lardeunta@lardeunta.org ; whatsapp ou contacto coa directiva).

Haberá menú alternativo básico para os que queiran acompañar aos comedores de tripas.

Como sempre o menú inclúe uns entrantes, menú principal, postre, viño básico, auga e refrescos.

 

Curso de Manipulador de Alimentos 2024

11/05/2024 — 18:00 H

LOCAL DE LAR DE UNTA

Dende a Asociación Lar de Unta organizamos un novo Curso de Manipulador de Alimentos Online. Curso válido por 10 horas que comezaremos o día 11/05/2024 ás 18:00 h.

Custo: 5 € (socios) 9 € (non socios) Pago ata o 21 abril
MÁXIMO 25 persoas (mínimo 10)
Apuntamentos: por WhatsApp ou mail lardeunta@lardeunta.org
Socios: ata o 14/04/24
Non socios: ata o 21/04/2024
(invitados por socios)

Título Oficial de Manipulador de Alimentos, Alergias e Intolerancias Alimentarias

O Curso de Manipulador de Alimentos e o seu temario e contidos están destinados a manipuladores que manteñen contacto directo cos alimentos  e habilita para traballar en calquera empresa ou posto de traballo dentro do Sector Alimentario en todo o territorio do estado (e UE traducíndoo ao idioma do pais de destino). E válido para todos os Sectores Alimentarios (Multisectorial) e calqueira tipo de alimento e/ou actividade, incluíndo aquelas onde se manipulen alimentos de Alto Risco (Dende o último cambio normativo de 2010 non se distinguen especialidades no Curso de Manipulador de Alimentos)

O Curso dispón de Validez Oficial Nacional, conforme ao Regulamento 852/2004 do Parlamento Europeo e do Consello, de 29 de Abril de 2004, Anexo II, Capítulo VIII e Capítulo XII (tras a revogación do Real Decreto 202/2000 polo Real Decreto 109/2010)

Comisión Feira Medieval 2024

Día 22/03/2024 — 20:30 h

REUNIÓN COMISIÓN FEIRA MEDIEVAL 2024

O vindeiro día 22/03/2024, venres, ás 20:30 h, celebraremos a reunión da Comisión da Feira Medieval 2024. Todos os socios interesados poden participar aportando ideas ou colaborando na organización. Sabedes que este ano o Concello amplía un día a duración co cal vai ser mais necesaria si cabe, a participación de toda a xente.

Informamos ademais que as Xornadas Irmandiñas terán como protagonista a Crónica Troiana co obxectivo de popularizar este documento medieval tan relacionado con Betanzos, adiantando á súa celebración a principios de xuño.

 

 

TALLER DE FOTOGRAFÍA

TALLER DE FOTOGRAFÍA

A Asociación Lar de Unta ten a ben organizar un Taller de Fotografía na súa sede entre os meses de marzo e xuño de 2024.

O cupo de asistentes será de 15 persoas.

Poderán apuntarse socios ata o 10 de marzo pola canle habitual (mail, was ou contacto coa directiva).

Os non socios poderán apuntarse entre o 10 e o 17 de marzo.

Lembrámosvos que estamos de 25 aniversario e esperamos que esta actividade sexa do voso agrado. A

Agradecemos á antiga secretaria de Lar de Unta Ane Tomé a súa colaboración na organización deste evento.

PROGRAMA DO TALLER

Sesión 1 - 21/03/2024 - 19:00 h

1. Parte teórica

A luz, tipos de luz e balance de brancos.

As cámaras, orixe e mercado actual.

2. Fotos e fotógraf@s mític@s.

Frank Capa, O miliciano abatido.

3. Recursos Prácticos

Regra dos terzos, espiral de Fibonacci.

IA versus imaxe tradicional

4.Exercicios prácticos para a seguinte sesión.

(Diario visual)

Sesión 2 - 18/04/2024 - 19:00 h

1.Parte teórica

Rango dinámico e histogramas.

2. Fotos e fotógraf@s mític@s.

Vivian Maier, a fotografía de rúa.

3. Recursos Prácticos

Iluminación, control da luz. A importancia das sombras.

4.Exercicios prácticos para a seguinte sesión.

(Diario Visual)

Sesión 3 - 23/05/2024 - 19:00 h

1.Parte teórica

Teoría da cor, uso de cores complementarias.

2. Fotos e fotógraf@s mític@s.

Análise de imaxes de Cristina García Rodero

3. Recursos Prácticos

Uso de filtros, a larga exposición.

4.Exercicios prácticos para a seguinte sesión

(Diario Visual)

Sesión 4- 13/06/2024 - 19:00 h. 

1.Parte teórica

Introdución ao revelado dixital e procesado das imaxes.

2. Fotos e fotógraf@s mític@s.

Revisión da obra de Lúa Ribeira, primeira muller galega da axencia Magnun.

3. Recursos Prácticos

O estilo fotográfico, elementos definitorios.

4.Exercicios prácticos para a seguinte sesión

(Diario Visual)

Sesión Final

Saída á rúa.

Revisión final do diario visual, conclusións.

 

Asemblea Xeral Ordinaria 2024

Convocatoria Ordinaria da Asamblea Xeral de Socios

Conforme aos estatutos da nosa Asociación, o Presidente, Francisco Xabier Doporto Santos convoca pola presente a Asamblea Ordinaria do Ano 2024.

Esta terá lugar, no local da asociación, sito na Rúa Pescadería nº3, de Betanzos, o vindeiro día domingo 3 de marzo as 11:30 h. da mañá, en primeira convocatoria, e as 12:00 h. na segunda convocatoria.

A orde do día será:

  1. Aprobación de actas anteriores.

  2. Comunicación de altas e baixas de socios.

  3. Informar da Memoria de actividades realizadas no ano 2023.

  4. Presentación e aprobación de procede de Contas Anuais do ano 2023 e orzamento do ano 2024.

  5. Actos do 25 aniversario do Lar de Unta.

  6. Rogos e preguntas.

En Betanzos, a 4 de Febreiro do 2024

Descubrindo Santa María – Visita Guiada

DIA 24/02/2024 — 11:30 h.

VISITA GUIADA A SANTA MARIA

A Asociación Lar de Unta ten a ben organizar unha visita guiada á Igrexa de Santa María o vindeiro sábado 24 de febreiro de 2024.

Nesta visita descubriremos todos os segredos da igrexa que tanta personalidade lle da á nosa vila.

A continuación tomaremos un vermúth no noso local.

A actividade está aberta a socios e acompañantes sen tope de asistentes.

 

 

Cineclube Lar de Unta: Gaza

DÍA 14/02/2024  —   19:00 H.

Proxección no Lar de Unta do documental “Gaza”, premio Goya ao mellor curta documental no ano 2019.

Unha visión da traxedia palestina que nos axuda a contextualizar todo o que está a acontecer nese curruncho do planeta nestes intres.

GAZA
Despois da última agresión israelí sobre a Franxa de Gaza, unha vez cesan os bombardeos, a realidade do conflicto desaparece dos medios de comunicación. O documental é unha viaxe a Gaza, no que a través de diversas personaxes vemos a vulneración de dereitos humanos que sofren diariamente e a situación de bloqueo e posguerra pola que trata de sobrevivir a poboación palestina na Franxa de Gaza. Unha viaxe a través das suas cidades, as suas xentes e tamén, de algunha maneira, da súa historia baixo aa ocupación de Israel.
GUIONCarles Bover Martínez
PRODUCCIÓNCarles Bover Martínez, Julio Pérez del Campo
DURACIÓN18 minutos

Prémio Goya á mellor curta documental

Esta web utiliza cookies. Podes ver aquí a Política de cookies. Se segues navegando aceptalas.    Ver
Privacidad