Como todos os anos a Asociación Lar de Unta organiza unha saída ao cogumelos pola zona de Aranga e Irixoa.
Este ano o programa ten que ser moi controlado polo feito das restriccións de covid19 de xeito que irá un monitor con 5 persoas á recollida. En caso de xuntar varios grupos se disporán de un monitor por cada grupo de cinco persoas interesadas. Haberá que ir con mascara e gardar as distancias de seguridade.
Día 14/11/2020 .
Saída aos Cogumelos . Punto de encontro Bar Vázquez ás 9.30 horas.
Día 15/11/2020 .
Xornada divulgativa no local de Lar de Unta 13.00 horas.
O aforo máximo da actividade será de 6 persoas co monitor. Todos os socios poderán apuntarse a traverso do mail ou o wathsapp da asociación.
Recibe un cordial saúda e esperamos que vos interese esta actividade.

“Do espolio á Revolución: Pasado e presente do Pazo de Meirás”.
Posteriormente celebrarase un debate entre os presentes.
O pasado día 31/10/2020 fallouse o I Concurso de Relato Curto Samaín 2020 organizado pola Asociación Lar de Unta de Betanzos.
A velada transcurreu con tranquilidade e adaptada ás limitacións estipuladas pola Xunta de Galicia por mor da pandemia de coronavirus, tras a entrega do premio por parte da responsable de cultura, Ana Penín, visualizouse a fantástica película O Apóstolo, con presentación do responsable do Cineclube Lar de Unta, Antón Tenreiro, e grande recoñecemento por parte dos presentes.

A Asociación Lar de Unta ten a ben convocar un concurso literario que se ceñirá ás seguintes bases:
A excursión do programa Coñecer Galicia deste ano sería a Os Peares (aloxamento no Centro de Inmersión Lingüística) que se encontra cerca da Ribeira Sacra .
Despois de varios meses de suspensión de actividades a causa da pandémia do COVID 19, o Cine Clube LAR DE UNTA retoma as proxeccións o próximo xoves 24 de setembro ás 20:00 co filme ENTRAR AOS VILARES de Cibrán Tenreiro. A película foi finalista en tres categorías da #12MICE Mostra Internacional de Cinema Etnográfico. O filme mostra a experiencia e sensacións de tres mozos que non naceron na aldea nin coñecen o lugar ao entrar na parroquia do poeta Díaz Castro, nos Vilares de Guitiriz cando lles encargan realizar un documental sobre a aldea do poeta.
Entrar aos Vilares ten acadado un notábel éxito e se ten proxectado en máis de 70 lugares por toda Galicia.

