Na última semana de xaneiro, e en colaboración co Concello de Betanzos, o Cine Clube Lar de Unta ten programado o 1° ciclo adicado a Oliver Laxe coa proxección das tes películas premiadas en Cannes e dúas das súas curtas. As proxeccións comenzarán o 24 de Xaneiro no cine Alfonseti con ‘Mimosas’, o 28 de Xaneiro no Lar de Unta ‘París#1’, da súa primeira etapa e ‘Salvaxe leva o seu tempo’ unha máis máis recentes rodada no Chanfaina Lab de San Sadurniño. O 30 de Xaneiro no Lar de Unta ‘Todos vós sodes capitáns’ e o 31 de Xaneiro no cine Alfonseti ‘O que arde’.
En tódolos filmes contaremos con convidados relacionados coas películas, entre eles Felipe Laxe, productor de Mimosas o día 24 no Alfonsati, Manolo González, un dos promotores do Novo Cimema Galego estará o 28 no Lar de Unta e Todos vós sodes Capitáns, o día 31, contará co protagonista do filme Amador Arias.
O Cine Clube LAR DE UNTA proxecta desta maneira o mellor cine dun dos directores de maior éxito de Galiza, Oliver Laxe, con un ciclo único que repasa a súa traxectoria e no que todas as proxeccións serán gratuitas.
Nas proxeccións haberá coloquio dos convidados co público para adentarse de maneira directa no traballo criativo de Oliver Laxe.
—————————-
1. MIMOSAS
Sinopse
Unha caravana acompaña a un ancián e moribundo Sheikh a Sijilmasa. A súa última vontade é ser enterrado xunto aos seus, pero a morte non espera e alcánzao mentres cruzan as escarpadas cumes do Atlas marroquí. Os caravaneros, temerosos da montaña, néganse a seguir transportando o cadáver. Ahmed e Said, dous buscavidas que viaxan coa caravana, din coñecer o camiño a Sijilmasa e ofrécense a levar o seu corpo ata alí. A esposa do Sheikh dubida, realmente coñecen o camiño?
Noutro mundo, paralelo e remoto, Shakib é escollido para viaxar ata as montañas onde se atopa a caravana. O seu labor é claro: ten que axudar aos improvisados caravaneros a chegar ao seu destino. Shakib tamén dúbida, é a súa primeira misión.
——————————–
2. SESIÓN CURTAMETRAXES: “PARIS#1” + “O SALVAXE LEVA O SEU TEMPO”.
París #1 (2008)
A curta pola que se empezou a falar de Óliver Laxe en Galicia (moitos lembran aquel visionario post de Martin Pawley titulado “Viva Óliver Laxe!”, que enxergaba en 2008 a chegada do Novo Cinema Galego) é a primeira que rodou no noso territorio. A pesar do seu título, París #1 sitúase fisicamente nos Ancares e é un caderno de viaxe á aldea da familia materna do cineasta. Estampas dunha visita no verán con amigos, coa familia, con veciños, animais, paisaxe e, xa daquela, helicópteros contraincendios. Perfecta para ver despois previamente a O que arde e seguir gozando da ollada de Laxe sobre a súa xente cercana, sabendo que é coa perspectiva dun fillo de emigrantes en París.
O salvaxe leva o seu tempo (2018)
Esta pequena xoia foi rodada en 2017 cando Óliver Laxe foi un dos cineastas convidados ao Chanfaina Lab, un encontro-residencia de creadores audiovisuais que durante unha fin de semana teñen que rodar unha peza no concello de San Sadurniño. Laxe chegou e filmou esta fermosa peza con Nadia Acimi e unha grea de cabalos salvaxes. Na sinopse que vemos na web cóntase a intrahistoria desta curta, que Laxe define así: “Facer unha película é querer domar o salvaxe, capturalo. Este nos atrae e estimula: un mundo salvaxe, unha vida salvaxe, un amor salvaxe… Esta película é un retrato de seres indomables”.
—————————–
3. Todos vós sodes capitáns (2010)
Datos e sinopse:
Coa súa primeira longametraxe, Todos vós sodes capitáns, o director fixo entrar o cinema galego por primeira vez, e non última, no Festival de Cannes. Foi seleccionado na Quincena de Realizadores e aslí levou o premio Fipresci da crítica internacional. Unha fazaña histórica que permitiu que o filme puidese verse nalgunhas salas comerciais, na súa versión orixinal en árabe, francés e español con subtítulos en galego. Nela Óliver Laxe ponse diante da cámara para rodar a súa experiencia nun obradoiro con nenos que viven nun fogar de acollida de menores en Tánxer, Marrocos.
—————————-
4. O QUE ARDE de Oliver Laxe
CLAUSURA DO CICLO – DETALLES DO EVENTO
Presentación do filme O que arde de Óliver Laxe, con posterior charla coloquio co protagonista Amador Arias. Versión orixinal en galego. Entrada gratuita para todos os públicos até cometar aforo.
SINOPSE
Ninguén espera a Amador cando sae do cárcere tras cumprir condena por provocar un incendio. Regresa á súa casa, unha aldea perdida das montañas lucenses, onde volverá convivir coa súa nai, Benedicta, a súa cadela Luna e as súas tres vacas. As súas vidas transcorren ao ritmo sosegado da natureza, ata que todo cambia cando un lume violento arrasa a zona.
2019: Festival de Cannes: Un Certain Regard – Premio do xurado.

Nesta actividade convertiremos o Lar de Unta na típica adega do pais na que teremos unha actuación folk e a continuación serviremos viño dunha das adegas con denominación de Viño da Terra, neste primeiro evento será Adegas Lorenzo Bescansa. Como en calquera adega do viño do pais os asistentes poderán levar os manxares que desexen para acompañar a bebida, sendo que o custe do viño será a escote. A actividade estará aberta a socios ata completar un aforo de 50 persoas, 10 dos cales serán cedidos aos músicos que interveñan.
cción do cineasta
A celebración do mesmo será o día 15 de decembro no local da Asociación a partires das 14:00 horas, e poderemos compartir un menú típicamente navideño sendo gratuito o convite para os socios á comida con viño estándar e os refrescos.
como todos os anos a nosa Asociación se suma á campaña EN NEGRO CONTRA AS VIOLENCIAS que se celebra en mais de 100 vilas de Galicia.
de violencias machistas!
Será na quinta feira, xoves 21 de novembro no LAR DE UNTA rúa Pescadeía 3 de Betanzos e con entrada de balde.. Unha nova proposta de cinema de calidade feito en Galiza e coa posibilidade de interactuar con autores/as das obras audiovisuais. Neste caso un traballo de fin de carreira da UDC valorado con un sobresaínte e diversos prémios e excelentes valoracións da crítica.
O 21 estarán con nós Alba Sánchez (Directora), José Pirola (fotografía) e Miguel García (Guionista) para o coloquio posterior ao pase da película.
Camilo: o último guerrilleiro de Galicia é un documental interactivo que expón a vida de Camilo de Dios, o último guerrilleiro que queda vivo en Galicia. A través da súa historia pretendemos recuperar a memoria histórica da guerrilla antifranquista: loitador da memoria e historia viva, Camilo é a única testemuña que pode dar voz a tantas e tantos que, coma el, arriscárono todo pola xustiza e a liberdade. Unha visión da história recente da posguerra e da represión franquista desde a visión dun dos protagonistas da loita contra a dictadura: Camilo de Dios. Máis info en:
Atención o vindeiro día 1 de novembro celebramos o Samaín, podedes apuntarvos de voluntarios para o obradoiro de cabazas ás 18.00 horas.
o de costume teremos no local o tradicional magosto con churrrasco a partires das 20: 30 horas.
PORAndré Pena Granha é Doutor en Arqueoloxía e Historia Antiga pola

A Asociación Lar de Unta prepara unha saída aos cogumelos para o día 19 de outubro.