Xornada de traballo no local: montaxe posto exterior Feira Medieval

MARTES DÍA 04/07/2023 — 18.00 H.
MÉRCORES DIA 05/07/2023 — 18.00 H
XOVES DIA 06/07/2023 — 18.00 H.

Estimados socios e socias,
como todos os anos entramos na recta final da preparación para a Feira Medieval de xeito que temos que realizar os últimos retoques no local así como montar o posto exterior.

Convocamosvos a participar nestas xornadas de traballo, sabendo o importante que é para a nosa Asociación.
contamos con todos vos.

A DIRECTIVA DE LAR DE UNTA
www.lardeunta.gal

XORNADAS IRMANDINHAS: ANDAINA POLO PORTO con Isidro Doporto

DIA 02/07/2023 — 12:00 h. — Paseo Antolín Faraldo

ANDAINA POLO PORTO con Isidro Doporto

Como colofón das Xornadas Irmandinhas realizaremos un percorrido polo Porto de Betanzos. Partindo do Paseo Antolín Faraldo ás 12:00 horas, visitaremos entre outras localizacións o Alfolí, a praza de Paio Formoso, o barrio da Ribeira, a Ponte Nova e chegaremos ata o porto actual cunha sucinta explicación a cargo do arquitecto técnico Isidro Doporto, autor do estudo sobre “Os muiños de auga no Concello de Betanzos”.

13:00 h. — Vermú peche — Local Lar de Unta

A continuación achegarémonos ao local de Lar de Unta e comentaremos as xornadas tomando un vermú medieval.

XORNADAS IRMANDINHAS: DIA 30 con Xurxo Souto e “Que volva o mar fondo”

DIA 30/06/2023 — 20:00 h. — Lavadeiro das Cascas

QUE VOLVA O MAR FONDO con Xurxo Souto

Como terceira actividade das Xornadas Irmandinhas adicadas ao porto de Betanzos teremos ao polifacético Xurxo Souto que nos traerá un espectáculo que de ben seguro nos divertirá a todos.

O acto celebrarase no lavadeiro das Cascas e estará aberto a todo o público que queira participar.

Música, historias e lendas de vellos mariñeiros farannos pasar un bo rato en compañía e lembrando o porto medieval da nosa vila.

 

 

 

XORNADAS IRMANDINHAS: DIA 29 O ROMANCE DE DON GAIFEROS con Tino Chao

DIA 29/06/2023 — 20:30 h. — Local de Lar de Unta

O ROMANCE DE DON GAIFEROS con Tino Chao

Grazas á colaboración de Tino Chao, imos representar no noso local a representación da poesía medieval de “O Romance de Don Gaiferos” como segundo acto das Xornadas Irmandiñas tras a emisión o pasado día 14 do filme “O poder das armas”.

O Romance, é unha poesía cantable que relata a peregrinación dun don Gaiferos de Mormaltán,  a vila de Compostela e suponse composta no século XIII.

O texto aparece posto por escrito por primeira vez no ensaio Galicia (1888) de Manuel Murguía quen afirma que é unha obra de orixe popular.

Con variacións no texto, a versión musicada que se coñece na actualidade débeselle ao gaiteiro, investigador e zanfonista, Faustino Santalices, que a interpretou en 1954. Posteriormente fixo unha gravación sonora desta obra, con acompañamento de zanfona.

Lumeiradas San Xoan 2023

23 de Xuño de 2023 — LUMEIRADAS SAN XOAN

Como todos os anos celebraremos a lumeirada de San Xoan para celebrar a noite mais curta do ano.

Ás 20:00 h. iniciaremos a preparación do lume por parte dos socios que se apunten. Pecharemos o final da Rúa Travesa esquina a Rúa Pescadería como todos os anos.

Ás 21:00 horas comezaremos coa sardiñada aberta a socios e invitados. O menú consistirá en churrasco, sardiñas, viño e postre a un prezo de 5 euros para socios (e 10 euros para non socios).  Se o tempo acompaña montaremos mesas na rúa. A cervexa e os licores non están incluídos no prezo.

Ás 24:00 horas prepararemos a tradicional queimada.

Os socios poden apuntarse antes do 15 de xuño ás 23.00 horas e o 18:00 de xuño para non socios sempre que haxa prazas libres.

Programación mes de xuño 2023

Xuño 2023

Neste mes de xuño teremos como intre relevante a montaxe do local para lumeiradas e Feira Medieval. Facemos un chamamento a todos os socios a participar no mesmo para lograr ter todo en marcha de cara ao día23.

Iremos mandando novas pero esperamos contar con todos na próxima Feira.

Encontro coa Escritora Marta Estévez

Presentación de Libro e Encontro coa Escritora Marta Estévez

Día 20/05/2023   —  12:30 h. LIBRARÍA BIBLOS e LOCAL LAR DE UNTA

O próximo día 20 de maio a escritora Marta Estévez, finalista do premios Azorín e Planeta, vai presentar o seu libro “El secreto de las hermanas Asorey” na librería Biblos nun acto co-organizado por Lar de Unta.

Posteriormente pasaremos polo local de Lar de Unta para realizar un encontro mais distendido e falar en primeira persoa coa autora.

Esperamos contar coa vosa presencia.

VIÑOFOLK NO LAR: ADEGAS BORDEL e DO LADO DO SOL

VIÑOFOLK DO LAR con ADEGAS BORDEL e o grupo DO LADO DO SOL

DIA 27/05/2023 — 11:00 HORAS VISITA A ADEGAS BORDEL

DÍA 27/05/2023  — 20:30 horas — VIÑOFOLK

O vindeiro día 27 de maio temos organizado unha visita a Adegas Bordel de Abegondo. O desprazamento será en coche particular (coordinaremos para levar o menor número posible) e o evento consistirá nunha visita guiada á Adega e viñas. O prazo para apuntarse é ata o 19/05/2023 ás 24:00 h.

Pola tarde celebraremos un novo Viñofolk no local de Lar de Unta. Nesta ocasión contaremos co produtor de viño Adegas Bordel, pertencente á denominación de Viños da Terra de Betanzos, e localizada no Concello de Abegondo.

Acompañándonos estará o grupo musical DO LADO DO SOL, tamén de Abegondo, que ambientarán a ocasión coa súa música.

Como sempre o aforo máximo é de 50 persoas e poderanse apuntar socios ata o día 21/05/2023 ás 24:00 h. e a partires desa data abrirase a non socios. A reserva será por orde de inscrición.

Os participantes levarán a súa comida e o viño terá un recargo dun euro para axuda aos músicos.

Recibide un cordial saúdo.

Vermú polas Letras

Mércores 17/05/023 — Vermú polas letras

Local de Lar de Unta – 12:00 horas

Dentro da programación polas Letras Galegas 2023 adicadas a Francisco Fernández del Riego, a Asociación Lar de Unta ten a ben organizar unha actividade festiva en lembranza da personaxe.

Por ese feito faremos un acto lúdico en sintonía co que se ten preparado en dentro do Casco Vello por Librería Biblos e Café Lanzós.

12:00 Proxección do documental “Francisco Fernández del Riego: O que nunca se rende”.  Capítulo 1 da serie feita pola Real Academia Galega para conmemorar as Letras Galegas deste ano.

12:30 Vermú pola língua. Brindaremos lúdicamente polo autor homenaxeado este ano comentando a súa obra, con vermús a 1 euros para todo aquel que queira achegarse. Obrigatorio falar en galego.

Lembramos que Librería Biblos e Café Lanzós tamén celebran ese día un vermú con actuación musical para conmemorar as letras.
Esta web utiliza cookies. Podes ver aquí a Política de cookies. Se segues navegando aceptalas.    Ver
Privacidad