🎶 Cursos de pandeireta e baile 2026–2027
LOCAL DE LAR DE UNTA – INICIO 07/10/2026
O Lar de Unta pon en marcha unha nova edición dos seus cursos de pandeireta e baile tradicional, unha proposta pensada tanto para aquelas persoas que queren iniciarse na música e na danza tradicional galega como para quen xa ten experiencia e quere seguir avanzando.
As actividades desenvolveranse desde outubro de 2026 ata maio de 2027, sempre os mércores, e a organización definitiva dos grupos estará condicionada ao número de persoas inscritas.
Horarios e grupos
- Pandeireta – nivel intermedio: de 20:00 a 20:45 h · 8 € de colaboración mensual
- Iniciación ao baile tradicional: de 20:45 a 21:15 h · 4 € de colaboración mensual
- Pandeireta – iniciación: de 21:15 a 22:00 h · 8 € de colaboración mensual
A intención é formar grupos cun número suficiente de participantes para garantir o bo desenvolvemento das clases e favorecer un ambiente de aprendizaxe e participación.
📌 Posibles modificacións segundo os grupos
Os horarios e as achegas económicas previstas poderán axustarse en función do número final de persoas inscritas, establecéndose como referencia un mínimo de 15 participantes por grupo.
No caso de que non se acade o número mínimo para formar o grupo de iniciación ao baile, as clases de pandeireta pasarían a ter unha duración de 60 minutos, cunha colaboración de 10 € mensuais.
Se, pola contra, non se consegue formar o grupo de pandeireta de iniciación, o grupo de pandeireta de nivel intermedio pasaría a ter unha duración de 60 minutos, cunha colaboración de 10 € mensuais, mentres que o espazo destinado ao baile tería unha duración de 30 minutos, cunha colaboración de 5 € mensuais.
Deste xeito, procuraremos adaptar a proposta ás persoas finalmente inscritas, mantendo sempre o obxectivo de facilitar a participación e continuar promovendo o coñecemento e a práctica da cultura e da música tradicional galega.
📝 Inscricións
As persoas interesadas deberán realizar a súa inscrición antes do 23 de setembro de 2026, enviando un correo electrónico a:
No correo de inscrición agradeceremos indicar nome e apelidos, así como o grupo ou grupos nos que se ten interese en participar.
Animámosvos a participar e a compartir con nós un novo curso arredor da pandeireta, o baile e a nosa cultura tradicional.
Agardámosvos no Lar de Unta! 🎵

A Asociación Lar de Unta naceu no ano 1999, froito dun pequeno club de fútbol ao que decidimos dar un compoñente cultural. Desde aquela, fomos medrando e querendo mostrar co noso exemplo como se pode facer un traballo plural, inclusivo e positivo que represente á maioría da nosa sociedade e sen perder os principios que nos animaron nun inicio.
Facemos un chamamento á participación e en caso de non estar presente que transmitades á directiva actual os asuntos que estimades que se deben de tratar para poder consensualos entre todos nesta ocasión.
Nesta nova edición das Conversas no Lar contaremos coa presenza de Imma Segarra, directora da Fundación Hospitalarias no Centro Pai Menni de Betanzos.

O vindeiro luns día 17/11/2025 estrearemos en Galicia “El Carretón del Desierto”, filme de Jorge Prior contanto a fascinante experiencia da troupe do “Carretón” no seu recorrido polos sitios mais recónditos de México.
Neste ano 2025 a Excursión realizará unha nova excursión do programa Coñecer Galiza. Nesta ocasión achegámonos ás terras de Chantada para coñecer esta bisbarra do interior de Galiza.
Salvador Naya Fernández é Licenciado en Matemáticas pola Universidade de Santiago de Compostela en 1986 e doutor en Enxeñaría Industrial pola Universidade da Coruña en 2003. Profesor titular de Estatística e Investigación de Operacións na Universidade da Coruña coa acreditación de catedrático de universidade pola ANECA desde o ano 2012.
Daniel Mena é doutor en Historia Moderna pola Universidade de Santiago de Compostela. Autor de diversos traballos sobre Historia Moderna, foi premio Domingo Fontán de Investigación Histórica en 2024.
19:00 h. Presentación da revista “VIVA PREMURA!”.