Lar de Unta en NEGRO : Sumámonos a BETANZOS EN NEGRO

DÍA 20/11/2022 ÁS 12:30

PROXECCIÓN DE VIDEO

Como todos os anos a Asociación Lar de Unta súmase á campaña Betanzos en Negro.

Este ano procederemos a xuntarnos todos os socios e socias, así como amigos e amigas do Lar de Unta, o domingo 20/11/2022 no noso Local para ver un pequeno vídeo sobre o ciclo da violencia de xénero.

A continuación debateremos sobre o tema entre os presentes e tomaremos a tradicional foto para sumarnos á campaña dos concellos de Galiza.

Esperamos contar con vós.

A Directiva de Lar de Unta

 

Copa de Nadal no Lar de Unta

O 17/12/2021 ás 20;00 horas, todos os socios están invitados a tomar un pequeno ágape de Nadal.

Unha copiña de viño e uns doces para xuntarnos un intre.

O aforo estará limitado a 35 persoas simultáneas mantendo a distancia de seguridade e co uso da máscara.

CINECLUBE LAR DE UNTA: “La matanza caníval de los garrulos lisérgicos”

DIA 28/12/2020 — 19:00 h.
A Asociación Lar de Unta programa para estas datas a través do seu Cine Clube dúas proxeccións de películas denteo do ‘Cinema de Nadal’, a primeira o día 28 de decembro (Día dos Santos Inocentes) “La matanza caníval de los garrulos lisérgicos”, un filme galego de 1991 claramente transgresor e gamberro e a segunda o 30 de decembro, “Asterix o galo” un clásico de animación que proxectaremos no idioma galego.
Ambas películas proxectaranse ás 19:00 horas, o acceso será libre até completar aforo e respetando todas as medidas sanitarias marcadas polas autoridades, nas distancias, uso de xel e máscaras e co aforo restrinxido.
Os dous filmes son para tódolos públicos.
LA MATANZA CANÍVAL DE LOS GARRULOS LISÉRGICOS
Sinopse:
Un grupo de rapaces regresa dun concerto de heavy metal a altas horas da noite. Entre cervexas e canutos sofren un accidente e vense obrigados a buscar axuda. A amabilidade e hospitalidade dos Machado, que viven nun núcleo rural adicado á producción “artesanal” de embutidos. Axiña despertará suspicacias entre os mozos que, sin querelo, van a verse envoltos nunha trama caníval sen precedentes…
Julián Hernández, Juanillo Esteban ou Manquiña son algúns dos protaginistas deste filme irreverente e gamberro de série B ideal para o día dos Santos Inocentes!!
Dirección
Antonio Blanco
Ricardo Llovo
Reparto
Manuel Manquiña
Juanillo Esteban
Julián Hernández
César Strawberry
Belén Negreira
Mamen Rivera
Marcos Taboas
Teté Delgado

SELECCIÓN CARVALHO CALERO

DIA 21 / 11 / 2020 – LOCAL DO LAR DE UNTA: HOMENAXE A RICARDO CARVALHO CALERO 

CERNA DE CARVALHO… CARVALHO CALERO

A asociación Lar de Unta, co ánimo de non deixar pasar este ano sen facer unha homenaxe a don Ricardo Carvalho Calero, ten a ben organizar unha xornada de divulgación da súa figura e de debate sobre a situación do galego e o seu futuro.

18:30 Ofrenda a Ricardo Carvalho no adro de Santa María de Betanzos

19:00 Proxeción do filem “O Decreto Filgueira”.

19:30 Coloquio entre os ponentes Dores Cao (profesora no IES As Mariñas) e Ramiro Vidal Alvarinho (escritor e activista cultural), desentrañando as diferentes posturas sobre o camiño que ten que tomar a nosa língua en realación coa súa norma oficial.

Como sempre o acto está limitado a 20 persoas e deberán gardarse as limitacións da actual pandemia (máscara e distancia de seguridade). Poderase reservar con antelación a traverso do mail oficial ( lardeunta@lardeunta.org ) e no Was de socios.

 

———————————————————-

DIA 17/05/2020

Co ánimo de difundir a figura de Ricardo Carvalho Calero e grazas á labor da AGAL como catalizador de todas as homenaxes e da criazón da páxina Carvalho2020.gal , temos a ben reproducir aquí a selección de documentarios seleccionadas nesa páxina con ánimo da súa divulgación.

Carvalho Calero vs. Filgueira Valverde

DECRETO FILGUEIRA

CARVALHO CALERO, A POSIBILIDADE DE RECTIFICAR A HISTORIA

CARVALHO CALERO. AUTODETERMINAÇOM, LINGUA, ESPERANÇA

O PORVIR DA LÍNGUA

Cine Clube Lar de Unta: Decreto Filgueira

DECRETO FILGUEIRA. Documental en homenaxe a Ricardo Carvalho Calero

Filgueira Valverde, o escritor homenageado no Dia das Letras 2015, dá nome a um documento fundamental para entender a história do galego contemporáneo: o “Decreto Filgueira”, que em 1982 oficializou a normativa do galego que chegou aos nossos dias, derrogando as imediatamente anteriores de Carvalho Calero. Decreto Filgueira explica os antecedentes deste acontecimento desde os anos 70.

 

Lar de Unta de paseo con Ricardo Carvalho Calero

Dende a Asociación Lar de Unta queremos rendir unha homenaxe a don Ricardo Carvalho Calero a traverso dun pequeno paseo por varios lugares virtuais que nos poden iluminar sobre a vida e obra desta personaxe fundamental das nosas letras.

A vida de don Ricardo é a vida dunha persoa comprometida con Galiza e co galego dende o seu nacemento en 1910 ata o seu falecemento en 1990.

No seguinte comic feito por un dos pequenos da Asociación podedes ver os fítos mais importantes da súa vida.

 

Enlazamos co texto 2020 Carvalho Calero – biografía e obra aportada por outro socio para poder aprofundar na vida de don Ricardo.

A problemática da nosa língua foi tratada extensamente por Carvalho Calero, en documentos como este que fala sobre a Carvalho Calero – Situaçom presente e orientaçom futura dos problemas gerais da nossa língua que nos fai chegar outro membro da Asociación.

Ricardo Carvalho Calero sempre apostou polo galego como parte dunha visión global do mundo e apostando polo seu reintegracionismo co portugués. Estimaba que o galego tiña que apostar pola súa grafía histórica que era a que tiña de seu e que aínda pervive no portugués.

Por último un socio nos recomenta outro socio tres enlaces fundamentais para aprofundar aínda mais na vida de don Ricardo Carvalho Calero:

Carvallo2020.gal

Real Academia Galega

AGAL

O noso cineclube programa asimismo a proxección do documentario DECRETO FILGUEIRA para invitar a todos a profundizar en Carvalho Calero e a reflexionar sobre a nosa língua.

E para os mais motivados, propoñemos un maratón audivisual para celebrar dende casa por todo o alto o día da nosa língua en SELECCIÓN RICARDO .

SUSPENDIDO Folk e Viño do Pais. 14 Marzo 2020. Musicos da Asmube e Adega Beade

DIA 14-03-2020 , ás 21:00 horas no LAR DE UNTA

   Nesta ocasión o grupo da ASMUBE (Asociación de Músicos de Betanzos) faranse cargo da parte musical e o Viño da D.T.de Betanzos será o da Adega Beade. Nesta ocasión a garrafa de branco lexítimo custará 10 euros e a de Mencía 9 euros.

   A Asociación Lar de Unta, en colaboración con ASMUBE (Asociación de Músicos de Betanzos), o colectivo Pesquedellas, e diversos produtores de Viño do Pais con denominación de Viño da Terra de Betanzos,  organiza unha xornada mensual de FOLK e VIÑO DO PAIS no seu local sito en Rúa Pescadería 3 entre xaneiro e maio de 2020.

 Nesta actividade convertiremos o Lar de Unta na típica adega do pais na que teremos unha actuación folk e a continuación serviremos viño dunha das adegas con denominación de Viño da Terra. Como en calquera adega do viño do pais os asistentes poderán levar os manxares que desexen para acompañar a bebida, sendo que o custe do viño será a escote. A actividade estará aberta a socios ata completar un aforo de 50 persoas, 10 dos cales serán cedidos aos músicos que interveñan.

O primeiro evento foi o sábado 25 de xaneiro coa colaboración dos músicos da ASMUBE e o viño de Adegas Bescansa. A actividade está aberta a non socios en caso de que non se cubra o aforo.

       

Esta actividade ten unha subvención da Deputación da Coruña.

Semana do Pincho de Betanzos 2019

Do 29 de novembro ao 8 de decembro deste ano 2019, vai celebrarse na nosa vila a tradicional Semana do Pincho.

Como outros anos a nosa Asociación foi convidada a participar como xurado de xeito que un socio participará como xurado nesta edición de 2019.

Un membro da nosa asociación nos representarán na mesma un nas xornadas de semana e outro nas xornadas de fin de semana e final.

As bases do concurso e outra información pódese consultar no seguinte link:

http://concello.betanzos.es/portfolio-items/semana-do-pincho-de-betanzos-2019/

Esperemos que como todos os anos sexa un grande éxito para a imaxe da nosa vila e que GAÑE O MELLOR PINCHO !!!

Esta web utiliza cookies. Podes ver aquí a Política de cookies. Se segues navegando aceptalas.    Ver
Privacidad