TALLER DE FOTOGRAFÍA

TALLER DE FOTOGRAFÍA

A Asociación Lar de Unta ten a ben organizar un Taller de Fotografía na súa sede entre os meses de marzo e xuño de 2024.

O cupo de asistentes será de 15 persoas.

Poderán apuntarse socios ata o 10 de marzo pola canle habitual (mail, was ou contacto coa directiva).

Os non socios poderán apuntarse entre o 10 e o 17 de marzo.

Lembrámosvos que estamos de 25 aniversario e esperamos que esta actividade sexa do voso agrado. A

Agradecemos á antiga secretaria de Lar de Unta Ane Tomé a súa colaboración na organización deste evento.

PROGRAMA DO TALLER

Sesión 1 - 21/03/2024 - 19:00 h

1. Parte teórica

A luz, tipos de luz e balance de brancos.

As cámaras, orixe e mercado actual.

2. Fotos e fotógraf@s mític@s.

Frank Capa, O miliciano abatido.

3. Recursos Prácticos

Regra dos terzos, espiral de Fibonacci.

IA versus imaxe tradicional

4.Exercicios prácticos para a seguinte sesión.

(Diario visual)

Sesión 2 - 18/04/2024 - 19:00 h

1.Parte teórica

Rango dinámico e histogramas.

2. Fotos e fotógraf@s mític@s.

Vivian Maier, a fotografía de rúa.

3. Recursos Prácticos

Iluminación, control da luz. A importancia das sombras.

4.Exercicios prácticos para a seguinte sesión.

(Diario Visual)

Sesión 3 - 23/05/2024 - 19:00 h

1.Parte teórica

Teoría da cor, uso de cores complementarias.

2. Fotos e fotógraf@s mític@s.

Análise de imaxes de Cristina García Rodero

3. Recursos Prácticos

Uso de filtros, a larga exposición.

4.Exercicios prácticos para a seguinte sesión

(Diario Visual)

Sesión 4- 13/06/2024 - 19:00 h. 

1.Parte teórica

Introdución ao revelado dixital e procesado das imaxes.

2. Fotos e fotógraf@s mític@s.

Revisión da obra de Lúa Ribeira, primeira muller galega da axencia Magnun.

3. Recursos Prácticos

O estilo fotográfico, elementos definitorios.

4.Exercicios prácticos para a seguinte sesión

(Diario Visual)

Sesión Final

Saída á rúa.

Revisión final do diario visual, conclusións.

 

Asemblea Xeral Ordinaria 2024

Convocatoria Ordinaria da Asamblea Xeral de Socios

Conforme aos estatutos da nosa Asociación, o Presidente, Francisco Xabier Doporto Santos convoca pola presente a Asamblea Ordinaria do Ano 2024.

Esta terá lugar, no local da asociación, sito na Rúa Pescadería nº3, de Betanzos, o vindeiro día domingo 3 de marzo as 11:30 h. da mañá, en primeira convocatoria, e as 12:00 h. na segunda convocatoria.

A orde do día será:

  1. Aprobación de actas anteriores.

  2. Comunicación de altas e baixas de socios.

  3. Informar da Memoria de actividades realizadas no ano 2023.

  4. Presentación e aprobación de procede de Contas Anuais do ano 2023 e orzamento do ano 2024.

  5. Actos do 25 aniversario do Lar de Unta.

  6. Rogos e preguntas.

En Betanzos, a 4 de Febreiro do 2024

Descubrindo Santa María – Visita Guiada

DIA 24/02/2024 — 11:30 h.

VISITA GUIADA A SANTA MARIA

A Asociación Lar de Unta ten a ben organizar unha visita guiada á Igrexa de Santa María o vindeiro sábado 24 de febreiro de 2024.

Nesta visita descubriremos todos os segredos da igrexa que tanta personalidade lle da á nosa vila.

A continuación tomaremos un vermúth no noso local.

A actividade está aberta a socios e acompañantes sen tope de asistentes.

 

 

Pensando en Tí, Rosalía

DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO
“PENSANDO EN TI, ROSALÍA”

AULA DE CULTURA XULIO CUNS

23/02/2024 19:00 h

A Asociación Lar de Unta colabora coa Asociación Eira Vella no acto organizado por esta “Pensando en tí, Rosalía”.

Os actos serán na sala Xulio Cuns do Edificio Arquivo.

HORA   TEMPO QUEN / QUE
19:00 h 2 min. Pablo e Antía: presentación e benvida
19:02 h 3 min. María Barral

“Pensando en ti, Rosalía”
19:05 h 2 min. Presentación do alumnado CEIP Fco. Vales Villamarín /Atocha

19:07 h 5 min. Alumnado 1.º D do CEIP Francisco Vales Villamarín
“Na lingua que eu falo” de Najla Shami

19:12 h 5 min. Alumnado 1.º EP CPR Nosa Señora do Carme “Atocha”
“Eu ben vin estar o moucho”

19:17 h 12 min. Lembranza audiovisual do Día de Rosalía de Castro “Sempre
Rosalía”

19:29 h 2 min. Presentación da Asociación A Fuliada e a Asociación Lar de Unta
19:31 h 8 min. Asociación Cultural A Fuliada
“Marcha do Antigo Reino de Galicia”
“Pasodobre de San Roque”
19:39 h 5 min. Asociación Lar de Unta

“A Gaita Gallega” en resposta ao primeiro, de Rosalía de Castro

19:44 h 2 min. Presentación de Pepe Dopico e do alumnado do IES As Mariñas
19:46 h 6 min. Pepe Dopico
“Cando a luniña aparece”
“Airiños, airiños, aires”
19:52 h 5 min. Alumnado do IES As Mariñas
“Cantan os galos ao día”
19:57 h 2 min. Presentación do Colectivo feminista das Mariñas e do Coro do IES Francisco Aguiar
19:59 h 5 min. Colectivo feminista das Mariñas
“A xustiza pola man”
20:04 h 8 min. Coro do IES Francisco Aguiar
“Adiós Ríos, adiós fontes”
“Con versos ceibes vivir Galiza”
20:12 h 2 min Presentación da Asociación Cultural Eira Vella e despedida
20:14 h 8 min. Asociación Cultural Eira Vella
“Rosalía: o amor da patria galega”
Manifesto da Asociación de Escritores e Escritoras en Lingua Galega
20:22 h FIN

Cineclube – O Sexto Sentido

Día 21/02/2024 — 19:00 h.

Local de Lar de Unta

Nesta nova xornada de Cinema teremos a segunda película mais taquilleira de 1999: “O Sexto Sentido”.

Este mércores proxectarase O SEXTO SENTIDO.
O cine Clube Lar de Unta organiza un ciclo de filmes estreados en 1999 (hai 25 anos) para comemorar o cuarto de século de existencia da Asociación cultural, xuvenil, desportiva e gastronómica LAR DE UNTA. Entre os numerosos actos deste ano, o cine clube da entidade tamén aporta unha mostra do mellor cine que se realizaba coincidindo co nascimento da Asociación. O Sexto sentido, O clube da loita, A milla verde, Eyes wide shut e A lingua das bolboretas son as peliculas escollidas para este ciclo de asistencia gratuita no local social do Lar de Unta na rua Pescadería 3 de Betanzos.

O Sexto Sentido foi o filme-sensación de 1999 que dirixiu un xoven cineasta e guionista de 29 anos, M. Night Shyamalan, que deu a Bruce Willis o mellor papel da sua carreira e revelou un novo neno-prodíxio, Haley Joel Osment. Tratase dun drama psicolóxico construido como um thriller fantástico e sobrenatural de pura inquietude sobre as  relacións entre um pscólogo infantil e un neno de 8 anos que parece sofrer de unha rara alucinación: consigue ver e falar cos mortos. Shyamalan conduce esta história perturbadora, inquietante e bizarra con unha fascinación case hipnótica, ao mesmo tempo que vai manipulando con admirábel precisión feitos, personaxes e emocións que só no final collen sentido na sua lóxica inicial, como se fose um espantoso jogo policial em busca de unha verdade totalmente enigmática. O Sexto Sentido é, pois, um filme  sorprendente, onde ademáis de Bruce Willis e do xoven Haley Joel Osment conta tamén excelentes interpretacións de Toni Collette e Olivia Williams.

O sexto sentido (en inglés: The Sixth Sense) é un filme estadounidense de terror escrito e dirixido por M. Night Shyamalan que se estreou en 1999. O filme conta a historia de Cole Sear (Haley Joel Osment), un neno que é quen de ver e falar cos mortos, e o seu psicólogo (Bruce Willis), que trata de axudalo. O filme afirmou a Shyamalan como guionista e director, e introduciu ó público ó seu particular cine, que se caracteriza polos seus finais sorprendentes.

Dende o momento da súa estrea, foi aclamado pola crítica, que fixo especial fincapé nas actuacións (especialmente de Osment e Willis), a súa atmosfera, e o seu sorprendente final. O filme foi o segundo en recadación de 1999 , conseguindo 293 millóns nos Estados Unidos e 379 millóns internacionalmente. Foi nomeado a 6 Premios Oscar, incluíndo a categoría de mellor filme.

Cineclube Lar de Unta: Gaza

DÍA 14/02/2024  —   19:00 H.

Proxección no Lar de Unta do documental “Gaza”, premio Goya ao mellor curta documental no ano 2019.

Unha visión da traxedia palestina que nos axuda a contextualizar todo o que está a acontecer nese curruncho do planeta nestes intres.

GAZA
Despois da última agresión israelí sobre a Franxa de Gaza, unha vez cesan os bombardeos, a realidade do conflicto desaparece dos medios de comunicación. O documental é unha viaxe a Gaza, no que a través de diversas personaxes vemos a vulneración de dereitos humanos que sofren diariamente e a situación de bloqueo e posguerra pola que trata de sobrevivir a poboación palestina na Franxa de Gaza. Unha viaxe a través das suas cidades, as suas xentes e tamén, de algunha maneira, da súa historia baixo aa ocupación de Israel.
GUIONCarles Bover Martínez
PRODUCCIÓNCarles Bover Martínez, Julio Pérez del Campo
DURACIÓN18 minutos

Prémio Goya á mellor curta documental

Entroido 2024 no Lar de Unta

O día 11 e 12 de febreiro a Asociación celebrará o seu Entroido con dúas actividades tradicionais.

Día 11/02/2024

16:30 h. OBRADOIRO DE FILLOAS E ORELLAS

O día 11 faremos o tradicional obradoiro de filloas e orellas ensinando a preparar o amoado e as sobremesas mais acaídas para estas datas.

Día 12/02/2024

21:30 h. CEA DE ANTROIDO

O día 12 celebraremos a cea cocido da Asociación. Como todos os anos será exclusiva para socios. Poderán apuntarse os socios participantes ata o mércores 7 ás 24.00 horas da noite.

 

Esta web utiliza cookies. Podes ver aquí a Política de cookies. Se segues navegando aceptalas.    Ver
Privacidad