28/09/2024 XANTAR 25 ANIVERSARIO
EDIFICIO DO MATADEIRO
O 28/09/2024, sábado, ás 14:30 horas celebraremos o xantar conmemorativo do 25 aniversario da nosa asociación.
Están convidados todos os socios, ex-socios e acompañantes que queiras asistir. O prezo do evento é de 20 euros/persoa.
O menú inclúe a ración de polbo, primeiro prato, sobremesa, bebida (auga, refrescos, viño, cervexa) e chupiños.
Para apuntarse hai que enviar un mail a lardeunta@lardeunta.org.
Esperamos contar con todos vós nun acto no que voltaremos a vernos moitos amigos despois de moitos anos.
FOTOS HISTORICAS DO LAR DE UNTA
Podes enviarnos as túas fotos históricas da Asociación Lar de Unta a través do WathsApp da Asociación (tlf. 622591032) e un mail ( lardeunta.fotos@gmail.com ) para que quen teña fotos antigas do Lar de Unta poida envialas para facer acopio das mesmas, ordenalas e telas a disposición dos socios que sintan curiosidade e poder facer un Arquivo Fotográfico do Lar de Unta.
Se as fotografías están en papel físico pode levalas ao Estanco de Ana Vázquez na Rúa Rosalía de Castro, que procederá a escanealas e devolverllas á persoa que as aporte. Calquera dúbida contactade co equipo de fotografía ou coa Directiva. Un saúdo.