Eva Teixeiro presenta Mapa.gal

Día 02/05/2024  — 20:00 h

Local de Lar de Unta

A escritora  Eva Teixeiro presentará este o día 02 de maio a súa obra  “mapa.gal” no local da Asociación Lar de Unta de Betanzos. No evento contaremos coa propia autora así como coa tamen escritora Eli Ríos.

A súa nova publicación é un libro de poesía que, nas súas palabras, supón “unha aposta pola palabra, esa matria que habita o silencio, mentres a música da choiva envolve a chaira”.

A escritora luguesa conta que en xaneiro de 2016 sente que “a semente asenta e todo encaixa“. Soubo entón “que creara unha obra”, o poemario ‘mapa.gal’, que agora “percorre as rúas, nas mans e no bico da xente”.

 

DIALOGOS NO LAR – XORNADAS DE ARQUITECTURA E URBANISMO

Para reflexionar sobre a situación urbanística de Betanzos, dende o Lar de Unta temos a ben organizar unhas xornadas con altísimos profesionais na materia que poden axudarnos a ilustrar cal será o camiño que teña que recorrer a nosa vila para poñer en valor todo o patrimonio urbanístico que atesora.

DÍA 22/11/2023 – 20:00 h.

José Manuel Vázquez Mosquera
Arquitecto. Profesor Doutor da Escola de Arquitectura da Universidade da Coruña: “Patrimonio, unha ollada sensible”

DÍA 23/11/2023 – 20:00 h.

Henrique Seoane
Arquitecto. Profesor da Escola de Arquitectura da Univ. da Coruña
“O territorio e a paisaxe como patrimonio cultural”

DÍA 24/11/2023 – 20:00 h.

Manuel Chaín Pérez
Arquitecto. Subdirector Xeral de Conservación e Restauración de Bens Culturais. Xunta de Galicia
“A protección dos conxuntos históricos”

 

 

Esta web utiliza cookies. Podes ver aquí a Política de cookies. Se segues navegando aceptalas.    Ver
Privacidad