Cineclube: A Milla Verde

10/04/2024  — 19:00 h.

Local de Lar de Unta

O día 10 de abril proxectaremos no cineclube a película A Milla Verde (The Green Mile).  A continuación celebraremos o acostumado coloquio.

Esta proxección enmarcase na programación especial que o cineclube está a realizar con películas estreadas en 1999 e que en 2024 cumpren 25 anos.

A milla verde (The Green Mile) é un filme estadounidense  dirixido por Frank Darabont que se estreou en 1999. Está baseada na novela do mesmo título de Stephen King escrita en 1996.  O filme está contado en modo de flashback e está protagonizado por Tom Hanks, que interpreta a Paul Edgecomb, e por  Michael Clarke Duncan como John Coffey. A historia trata sobre a vida de Paul como funcionario de prisións no corredor da morte durante a Gran Depresión nos Estados Unidos, e os eventos sobrenaturais dos que é testemuña. O filme foi nomeado a catro Premios Oscar.

Sinopse

Nun lugar do sur dos USA, en plena Depresión, Paul Edgecomb é un funcionario de prisións encargado de vixiar a Milla Verde, un corredor que separa as celas dos presos condenados á cadeira eléctrica. John Coffey, un xigantesco afroamericano acusado de asasinar brutalmente a dúas irmás de nove anos está agardando a súa inminente execución. Tras unha personalidade inxenua e infantil, Coffey agocha un prodixioso don sobrenatural. Cando se presenta a ocasión de poñelo en práctica, Edgecomb aprenderá que os milagres existen, mesmo nos lugares máis insospeitados.

Cineclube Lar de Unta: “Cine Tomé” con Camelia Iglesias e Xosé A. Arias

Xoves 15/12/2022 — As 20.00 horas

Local do Lar de Unta

Cineclube Lar de Unta proxectará o vindeiro día 15/12/2022 o documental “Cine Tomé” ás 20.00 horas.

   Cine Tomé, unha raiolada en Guitiriz, é  unha peza que nos seus 50 minutos de duración debulla o que significou o cine para o pobo a través das testemuñas de case unha decena de persoas, lembrando sucesos, anécdotas, películas… e aproveitando para botarlle tamén unha ollada á propia historia da sétima arte.

   Posteriormente teremos un colóquio cos realizadoras Camelia Iglesias e Xosé Antonio Tomé.

DIALOGOS NO LAR con ANTONIO S RÍO e o “INSTITUTO LABORAL DE BETANZOS”

DIA 24/11/2022  – 20:00 h.

ANTONIO S. RÍO VÁZQUEZ e “O Instituto Laboral de Betanzos: unha arquitectura desaparecida”.

O profesor da Escola de Arquitectura da Universidade da Coruña, Antonio S. Río Vázquez, presentaranos unha das xoias da arquitectura betanceira que desapareceu ao longo dos ano.

Disertará sobre o edificio do antigo Instituto Laboral de Betanzos e a súa arquitectura tan avanzada para a época.

O acto estará presentado polo tamén profesor universitario, Eduardo José Fuentes Abeledo, da facultade de Ciencias da Educación da Universidade de Santiago de Compostela.

Esta web utiliza cookies. Podes ver aquí a Política de cookies. Se segues navegando aceptalas.    Ver
Privacidad