Lar de Unta

Lar de Unta é a asociación cultural que dende o ano 1999 leva traballando por dinamizar a vida cultural e social de Betanzos desde un punto de vista popular e aberto á cidadanía.

O noso local social da Rúa Pescadería demostra a nosa aposta polo Casco Histórico de Betanzos e por implicarse en todo o que teña que ver coa recuperación desta zona da nosa vila.

A defensa da língua e a cultura do noso pais, o respecto ao medio ambiente e a igualdade entre as persoas con independencia das súas orientacións son os eixos da nosa vida societaria dende a súa fundación.

Visitanos:

 

Grupo de Pandeireta e Baile tradicional 2026-27

🎶 Cursos de pandeireta e baile 2026–2027 LOCAL DE LAR DE UNTA – INICIO 07/10/2026 O Lar de Unta pon en marcha unha nova edición dos seus cursos de pandeireta e baile tradicional, unha proposta pensada tanto para aquelas persoas que queren iniciarse na música e na danza tradicional galega como para quen xa ten … Ler máis “Grupo de Pandeireta e Baile tradicional 2026-27”

Grupo de Conversas en Galego FALARMOS NOS NO LAR DE UNTA 2026-27

Inicio de grupo: 21/09/2026 ás 20:00 horas TODOS OS LUNS ÁS 20:00 h NO LOCAL DE LAR DE UNTA A Asociación Lar de Unta, dentro do programa Falarmos Nós organizado pola Deputación da Coruña, inicia un novo Grupo de Conversas en Galego. A iniciativa está aberta a calquera persoa que queira iniciarse ou practicar o … Ler máis “Grupo de Conversas en Galego FALARMOS NOS NO LAR DE UNTA 2026-27”

Premio Garelos de Cultura 2026 ao Lar de Unta

O Concello de Betanzos concede o Premio Garelos de Cultura 2026 á Asociación Lar de Unta Dende a Asociación Lar de Unta queremos expresar o noso máis fondo agradecemento a Betanzos por concedernos o Premio Garelos 2026 na categoría de Cultura. Este recoñecemento ten para nós un valor moi especial, xa que foi aprobado por … Ler máis “Premio Garelos de Cultura 2026 ao Lar de Unta”