DIA 29/06/2023 — 20:30 h. — Local de Lar de Unta
O ROMANCE DE DON GAIFEROS con Tino Chao
Grazas á colaboración de Tino Chao, imos representar no noso local a representación da poesía medieval de “O Romance de Don Gaiferos” como segundo acto das Xornadas Irmandiñas tras a emisión o pasado día 14 do filme “O poder das armas”.
O Romance, é unha poesía cantable que relata a peregrinación dun don Gaiferos de Mormaltán, a vila de Compostela e suponse composta no século XIII.
O texto aparece posto por escrito por primeira vez no ensaio Galicia (1888) de Manuel Murguía quen afirma que é unha obra de orixe popular.
Con variacións no texto, a versión musicada que se coñece na actualidade débeselle ao gaiteiro, investigador e zanfonista, Faustino Santalices, que a interpretou en 1954. Posteriormente fixo unha gravación sonora desta obra, con acompañamento de zanfona.