Saída aos Cogumelos o día 23/10/2021

Como ven sendo tradicional o vindeiro sábado 23 de outubro organizaremos unha saída aos cogumelos dende a Asociación Lar de Unta.

O punto de encontro será o Bar Vázquez en Saavedra Meneses ás 10.00 horas da mañá. En coches particulares iremos a zonas de Irixoa ou Aranga para atopar o lugar idoneo para a recollida de cogumelos.

Dada a duración da xornada recoméndase levar comida e bebida dado que a actividade rematará pola tarde.

No serán, ás 18:30 horas celebraremos no local da asociación un taller explicativo sobre as diversas modalidades de setas e cogumelos identificando aquelas que poidan ser perigosas con todo o material recollino na xornada. A asistencia é libre ata completar aforo de 35 persoas no local.

Sendas actividades realizaránse de acordo co protocolo covid vixente no momento e gardando a distancia de seguridade.

A Directiva de Lar de Unta

Esta web utiliza cookies. Podes ver aquí a Política de cookies. Se segues navegando aceptalas.    Ver
Privacidad