A Asociación Lar de Unta no seu ánimo de darlle vida á tradición do Samain, organiza como todos os anos unha serie de actividades para os seus socios e a cidadanía betanceira.
Ata o día 29 de poderán presentar orixinais ao II Concurso de Relato Curto Lar de Unta – Samaín.
O domingo 31 organizarase ás 18.30 h, de novo o tradicional obradoiro de cabazas onde os mais pequenos poderán aprender a facer a súa cabaza e levala para casa.
O mesmo día faremos o magosto e churrasco no noso Local ás 20.30 h. onde terán preferencia os socios que queiran asistir pero abrirase a outra ente ata completar aforo de 35 persoas. O custo será de 10 eur/persoa e non estarán incluídas as bebidas nesa cantidade.
Ao longo da semana seguinte faremos un ciclo de cine con películas truculentas para disfrutar destas datas.
CICLO DE CINE SAMAIN
DIA 2/11 20:00 h.
“DAGON, A SEITA DO MAR”
DIA 4/11 20:00 h. “ROMASANTA. A CASA DA BESTA”
DIA 9/11 20:00 h.
“A COLLEITA”
DIA 11/11 20:00 h.
“O RITO”
Esperamos contar coa vosa presencia nun novo paso á normalidade.
A directiva de Lar de Unta.